Alalá nº 114 "A Habanera" - TVG
Alalá nº 114 "A Habanera" - TVG Emisión en Televisión de Galicia: 9 de xuño do 2009 Visita a nosa canle: http://alala.crtvg.es Lugares de gravación: A Mariña lucense, Cedeira e La Habana As habaneras son un dos xéneros musicais que máis se seguen cantando nas xuntanzas de amigos en calquera taberna galega. E a pesar de que naceron en Cuba, hoxe son moitas as habaneras en galego. Para chegar a isto deuse un longo e complexo proceso que neste Alalá entenderemos mellor grazas a unha das máis prestixiosas musicólogas cubanas, María Teresa Linares. Da súa man coñeceremos a maneira na que xurdiron estas cancións e por qué chegaron a facerse máis populares en España que na mesma Cuba. Ata o punto de que a habanera máis coñecida internacionalmente, La Paloma, escribiuna un español: Sebastián Iradier. Os portos de mar foron a gran vía de entrada das habaneras. Porque alí chegaban os barcos que mantiñan relacións comerciais coa Habana. E alí era onde os mariñeiros, que as aprendían en Cuba e tiñan tempo para memorizalas nas longas travesías cruzando o Atlántico, se xuntaban nas tabernas e cantaban aquelas melodías novas chegadas da outra beira do mar. O mesmo que os emigrantes, que recreaban nesas cancións toda a nostalxia que sentían ó lembrar o tempo vivido en Cuba. Por iso nas vilas mariñeiras é onde máis se desenvolveron as habaneras. No litoral de Cataluña, de Valencia, de Cádiz, de Euskadi, Cantabria, Asturias e, por suposto, Galicia. Hai quen di que as habaneras provocan un vaivén semellante ó das ondas do mar.

Alalá nº 160 "Cuxa" - TVG

LA BELLA LOLA 2 habanera de las mas antiguas que se conocen

OS CACHARREIROS DE NIÑODAGUIA: A TERRA NAS MANS

Sindo Garay. From Illiterate to genius of the Trova in 101 years.

O FIADEIRO: XOTA DAS CORTELLAS

Clásicos de Oro de Cuba | Boleros para Recordar y Vivir

AÑATE 2025. Tenderete de TVE (programa completo)

Mexican Mariachi Trumpet Music | Guitar & Accordion Instrumentals 2H

Alalá nº 218 "Carboeiro" - TVG

Alsina: "Without knowing when the news will break that another one of your associates has been ch...

Alalá nº 1 "Malvela" - TVG

De tenderete, taifas y parrandas VOL 121

El negro Zumbon - Silvana Mangano 1953

The Most Beautiful Portuguese Fado Songs 🎻 Longing, Love and Lisbon Nights 💖 Best Fado Playlist 2026

Alalá nº 115: "Regueifa en Bergantiños"- TVG

GRAND PARADE 2026

Tenderete jun 84(cont ),Himno a la lucha Canaria, Pasodoble Islas Canarias, Isa Tenderete

Alalá nº 199 "Justo O Coea" - TVG

Italian Vibes & Mediterranean Music 🎶 2+ Hours of Relaxing Italian Music Tuscany Hills Italy 4K

