Alalá nº 160 "Cuxa" - TVG
Alalá nº 160 "Cuxa" - TVG Emisión en Televisión de Galicia: 02/11/2010 Lugar de Gravación: Cedeira Visita a nosa canle: http://alala.crtvg.es Cuxa é un deses artistas de enorme talento pero descoñecidos fóra do seu entorno máis próximo que tanto abundan en Galicia. Canta marabillosamente. Toca a zanfona, o piano, a guitarra e o acordeón. E compón. Cantou no Orfeón Terra Nosa do Padre Feijoó, compuxo para o grupo Candieira nos tempos da Nova Canción Galega e mesmo chegou a gravar dous pequenos discos. Pero non saben da súa arte máis alá dos amigos cos que canta nas tabernas tomando un viño, os veciños, a familia ou os compañeiros da coral. Todos eles admírano profundamente e quéreno moitísimo. Porque Cuxa é un dos motores das veladas interminables nas que se reúnen, como é tradición en Cedeira, simplemente para cantar. Con sesenta e cinco anos e despois de ter vivido en Santiago, en Madrid e mesmo en Turquía, este químico recén xubilado que sémpre quixo ser músico está feliz coa súa vida actual. Volveu á súa adorada Cedeira, disfruta moitísimo coidando á súa filla de sete anos, Beatriz, acude a clases de acordeón para seguir profundizando no instrumento, ensaia coa coral Herbeira e toma os viños cada día cos amigos da infancia. ¿Que máis se pode pedir? Pois ter unha voz como a súa, capaz de interpretar desde unha aria de ópera ás coplas máis vellas de Cedeira, que aprendeu de pequeno escoitando cantar ós homes no bar de seu pai e na casa ás súas tías.

Alalá nº 161 "A Filharmonica en Cela" - TVG

Tenderete TVE Canarias

JOSELITO... Un ruiseñor de 81 años

Mi esposa fue al banco todos los jueves durante 40 años. Cuando murió, descubrí por qué...

V Rocha Folk - Son das Tabernas

Federico a las 8: Sánchez sin Begoña en Ankara y frente a Trump

Alalá nº 157 "Manolo Solla -O Gaiteiro de Vilariño-" - TVG

Chris Arreola (USA) vs Vitali Klitschko (Ukraine) | KNOCKOUT, BOXING fight, HD

SE RIÓ AL FIRMAR EL DIVORCIO… SIN SABER QUE SU ESPOSA MESERA ERA DUEÑA DE 21 RESTAURANTES

GRAND PARADE 2026

Unbelievable Smart Worker & Hilarious Fails | Construction Compilation #8 #adamrose #smartworkers

Alalá nº 185 "A Roda" - TVG

Los Bocheros Romeria Baska

Mexican Mariachi Trumpet Music | Guitar & Accordion Instrumentals 2H

OS CACHARREIROS DE NIÑODAGUIA: A TERRA NAS MANS

Argentinien – Ägypten Highlights | Achtelfinale, FIFA WM 2026 | sportstudio

40 num.1 de la Tuna

Top Brilliant Recycling and Manufacturing Mass Production Factory Process Videos

Alalá nº 199 "Justo O Coea" - TVG

