Alalá nº 115: "Regueifa en Bergantiños"- TVG
Alalá nº 115: "Regueifa en Bergantiños"- TVG Emisión en Televisión de Galicia: 16 de xuño do 2009 Lugar: Bergantiños Que un veciño faga unha copla meténdose con outro, e que ese outro teña a capacidade de responderlle ó momento con outra copla parecida, pero intentando que sexa aínda mellor, que despois sigan sendo tan amigos e que con esa disputa verbal fagan rir a calquera que estea escoitando é unha verdadeira arte. Niso consiste a regueifa. E os bos regueifeiros son capaces de pasar horas “loitando”. Comezouse a regueifar nas xuntanzas veciñais cando se facían traballos comunitarios: nas fiadas, nas mallas ou nas carretadas. E despois fíxose nas festas, sobre todo nas vodas, nas que se loitaba para acadar un anaco de pan de ovo, azucre e manteiga que se chamaba precisamente regueifa. E se noutrora era moi frecuente que en distintos lugares de Galicia se regueifase, hoxe a penas queda quen saiba facelo. Para atopar alguén o mellor é ir a Bergantiños, comarca que está considerada o berce desta arte. Alí foi onde comezou a facerse como espectáculo aberto ó público e onde houbo maior afección. Pero, hoxe, daqueles mestres da palabra que eran verdadeiros ídolos entre os seus veciños non quedan máis que catro que continúen regueifando: Fermín da Feira Nova, Guillermo da Rabadeira, Suso de Xornes e Antonio de Xornes. Con eles coñeceremos en qué consiste a regueifa e ó mellor somos capaces de aprender algo da técnica destes divertidos combates dialécticos que, segundo eles mesmos din, están en perigo de extinción.

Alalá nº 150 "Teresa dos Cucos" - TVG

REGHEIFA DE PINTO DE HERBÓN AS GHAROAS XOSEFA DE BASTAVALES CARUNCHO

Alalá nº 125 "O Gaiteiro Tradicional" - TVG

Regueifa na mostra de Oleiría en Buño. 1985

História da Regueifa: Vários vídeos sobre repente galego (e um documentário sobre o volfrámio)

Alalá nº 5 "Rosa de Moscoso" - TVG

Regueifa: Suso e Antonio de Xornes

Alalá nº 154 "Nela" - TVG

Xacarandaina - Tonada e muliñeira de Vilarello (Luar - TVG)

Alalá nº 185 "A Roda" - TVG

Alalá nº 172 "Gaiteiros de Santa Comba" - TVG

Fermín da Feira Nova e Calviño de Tallo: 2ª aparición dos regueifeiros no Luar (7- 1- 94)

Pepito Temprano Gaiteiro EIDOS A Coruña

Mucha, Nucha e os xaponeses

Lupe Blanco e Alba Maria regueifando en Caldebarcos

Teresa dos Cucos e Fransy González

Muiñeira Vella ou Ribeirana de Limiñoa (Ponteceso) - Pandereteiras de Limiñoa

Alalá nº 10 "Pazos de Merexo" - TVG

II Certame Galego de Regueifas (23-2-2004, Santiago)

