NO BICO UN CANTAR "Pousa, pousa"
NO BICO UN CANTAR Nº 11 “POUSA, POUSA” Programa emitido o 19/03/2013 A nova entrega do programa “No bico un cantar” descubriranos nesta edición os segredos e as curiosidades dun dos temas máis populares, festeiros e picantes da música popular galega, o “Pousa, pousa”. Este tema foi gravado por primeira vez en 1977 polo grupo A Roda. Era o primeiro disco desta agrupacion que xurdiu dun xeito espontáneo nas tabernas da zona vella de Vigo onde era habitual que se xuntasen obreiros do naval, mariñeiros, estudiantes e músicos para cantar mentres tomaban uns viños. Antón Cabaleiro, José Luis Abalde ou Luís Vaamonde, fundadores daquela primeira formación da Roda, contarannos como era o ambiente, onde recollían todas aquelas pezas populares, como foi a gravación daquel primeiro disco e o misterio mellor gardado: de onde saíu o Pousa, pousa? Tamén o escritor Méndez Ferrín, testemuña directa daquelas “jam sesións” na taberna da Viuda, relatará o ambiente daquel Vigo de finais dos 70 e como a Roda se convertiu nun referente para o folk vocal masculino, na voz do proletariado urbano que cantaba en galego. En 1977, cando a Roda gravaba temas coma o Pousa, pousa, O gato ou o Miudiño estabamos en plena transicion política e social, uns anos convulsos nos que votamos por primeira vez nunhas eleccions democráticas e un novo rei xuraba o seu cargo. Pero ademais dunha revision histórico-social do momento, analizarase o ritmo de “Pousa, pousa” e tamén a parte máis pícara e “verde” das moitas coplas que xorden con el. Ademais, neste programa Luís Caruncho e Benito Lobariñas, improvisarán unha regueifa xogando coa melodía deste tema. Abe Rábade, Xavier Blanco, o grupo Zurrumalla, o cuarteto Egeria ou Luar na Lubre, farán a súa versión do “Pousa, pousa” E comprobaremos que na rúa, galegos de tódalas idades, séguena cantando en calquera festa, xuntanza ou foliada. O programa recordará tamén a Fito, Adolfo Domínguez, a voz máis emblemática da Roda que faleceu hai uns meses. Os amigos recordarano nos seus momentos máis divertidos e soprendentes e volveremos a escoitar a súa voz tal e como soaba hai máis de vinte anos.

NO BICO UN CANTAR "Fisterra"

O Pousa (videoclip oficial) a roda

Alalá nº 1 "Malvela" - TVG

No bico un cantar 20

NO BICO UN CANTAR "Negra sombra"

O Verdegaio - IES Salvaterra de Miño (Meniños Cantores)

No bico un cantar "O Gato"

O ANDAR MIUDIÑO / POUSA POUSA - EL PATIO (TITO CASTRO Y DIEGO ROMERO)

Concerto de The Chieftains en Ortigueira 2014 con Phil Cunninghan, Milladoiro e a Escola de Gaitas

Miudiño -Traio unha borracheira Música tradicional Gallega

NO BICO UN CANTAR "O Himno Galego"

Os do Fondo da Barra - Valse das Cortellas, Lévame Lévame y Moliñeira de Vilarello

NO BICO UN CANTAR "Unha noite na eira do trigo"

"Mar de Vigo", "Amoriños", canciones marineras gallegas por Malvela - Subts.: gallego-español

Alalá nº 90 "Pepe Temprano"- TVG

luar na lubre pousa

No bico un cantar "Camariñas"

NO BICO UN CANTAR "Catro Vellos Mariñeiros"

POLCAS SOCARRONAS. TAJEA Y TORNA. POR LUIS HERNÁNDEZ

