NO BICO UN CANTAR "O Himno Galego"
NO BICO UN CANTAR- HIMNO GALEGO DATA DE EMISIÓN EN TELEVISIÓN DE GALICIA: 25/07/2013 Se alguén empeza a cantar: “Que din os rumorosos...” reponderemos: “na costa verdecente...” Inmediatamente identificaremos eses versos co Himno galego. Sabemos que o compositor da música foi Pascual Veiga e o autor da letra foi Eduardo Pondal. Pero hai simples cuestións sobre o Himno que poucos sabemos: Cando? Como? Por que? ou Para que? se creou. Por que naceu en Cuba o Himno? En parte polo amor dos pobos de acollida dos emigrantes polos símbolos patrios pero tamén pola teima dun galego emigrante, Xosé Fontenla Leal , que desde Cuba foi quen de unir o talento de Pondal e o de Pascual Veiga. O Himno estréase o día 20 de decembro de 1907 no Gran Teatro do Centro Galego da Habana. Desta unión eterna entre a letra de Pondal e a música de Pascual Veiga quedounos un dos símbolos de Galicia. O profesor da Universidade da Coruña, Manuel Ferreiro - un dos estudosos maiores de Pondal- contaranos como o Himno se perpetuou ó longo da historia con algúns erros, erros que podemos e debemos corrixir. Xosé Neira Vilas, autor do libro “Cen anos de Himno galego” falará dos sentimentos espertados nalgúns galegos ilustres a primeira vez que escoitaron o himno. Descubriremos a figura de Fontenla Leal, intermediario entre Veiga e Pondal na procura dese himno de tódolos galegos. Xosé Luis Méndez Ferrín, Maximino Zumalave, Fernando López Acuña ou Marica Campo tamén darán a súa visión de distintos aspectos do noso himno: dende os misterios do seu significado ata as visións máis persoais. A diferenza doutros himnos máis guerreiros ou imperialistas, o himno galego é considerado por moitos dos entrevistados como unha canción chea de beleza. As versións que No bico un cantar ofrecerá poñeranvos a pel de galiña ós espectadores máis duros. Dende unha interpretación inédita e específicamente gravada para o programa de Treixadura, que lembra o estilo dos coros contemporáneos, ó himno como “Aires da Terra”, unha versión con aire gospel de Abe Rábade, toda a emoción de Uxía con Sergio Tannus, o coro Oliveira de Ponteceso que lle rende homenaxe ó seu paisano Pondal, o mestre gaiteiro Xavier Blanco interpretando o Himno cunha sinxela gaita de cana e moitas outras versións que nos farán sentir a beleza dunha canción escrita hai máis dun século pero que conserva todo o seu poder para emocionarnos e facernos sentir partes de algo, dunha terra, a nosa, Galicia.

NO BICO UN CANTAR "Negra sombra"
![Bukłaki [#21] Czy św. Faustynie naprawdę objawił się Jezus? || siostra Gaudia Skass](https://i.ytimg.com/vi/2l9eQV4hPGc/hqdefault.jpg?sqp=-oaymwEjCNACELwBSFryq4qpAxUIARUAAAAAGAElAADIQj0AgKJDeAE=&rs=AOn4CLADJsmyMp-Wc5cF6xpo5LTN8eOXpA)
Bukłaki [#21] Czy św. Faustynie naprawdę objawił się Jezus? || siostra Gaudia Skass

OS VIQUEIRAS - Déixame subir

MILLONARIO SE ESCONDIÓ Y VIÓ QUE SU NOVIA ODIABA A SUS GEMELOS PERO LA EMPLEADA DOMÉSTICA

Storchennest Live Webcam in Bad Salzungen, Thüringen

Os Pinos | Himno de Galicia

NO BICO UN CANTAR "Catro Vellos Mariñeiros"

Frankreich schmeißt Hegseth raus, wütender Mob in NYC: Trump-Lager hat weltweit "Hausverbot"

Frequency Of God 963 Hz ✨ Attract Miracles, Divine Blessings & Deep Inner Peace In Your Life

Pork Shot! A West Tunnel Exclusive Mini-Game - Hermitcraft 11 | Ep 24

NO BICO UN CANTAR "Fisterra"

Himno Galego (versión longa e con letra) -badAR

Fall asleep while I build a zoo

Mis Hijos Cancelaron Mi Cuarto Privado: "¡No Gastaremos!", Pero Al Sacar El Contrato Familiar...

No bico un cantar 20

Der Todesstern ist völlig absurd

EMPIEZA EL JUEVES CON FE | HOY DIOS TE DA PROTECCIÓN Y PAZ PARA TU FAMILIA | PADRE FREDDY BUSTAMANTE

8 BEER brands you should AVOID in Spain (and 4 that are worth your money)

"Don't get out here, trust me," the panicked driver said. I didn't expect that five minutes later

