BRAVÚ XXX
BRAVÚ XXX é un filme documental realizado por Nós Televisión, no que Xurxo Souto invoca o cosmos bravú trinta anos despois do nacemento deste movemento. O grupo musical Rager (Proxecto Xeración Sónica de Pontevedra); Paola Beiro das Garotas da Ribeira; Nuno Pico, de Grande Amore; Xosé Manuel Pereiro, aliás Johnny Rotring en Radio Océano; María Xosé Silvar, Sés; Os Vacalouras... son algunhas das artistas que conforman este filme documental de Nós Televisión que viaxa a través do tempo, da historia e do país ata chegar á aldea de Viana, en Chantada, onde naceu o concepto do bravú. Esta viaxe, conducida por Xurxo Souto, levaranos a coñecer a Richi dos Rastreros, Antón dos Papaqueixos, Rafa do Caimán do Río Tea e Benxa dos Impresentables, tamén cofundadores dun movemento que o revolucionou todo. O documental tamén poderá verse, a partir do día 11 de decembro, na plataforma de Movistar Plus+ para todo o Estado español e no 119 de R. O filme foi realizado co apoio institucional do Concello de Chantada, do Concello de Pontevedra, da Deputación da Coruña, do Concello da Coruña, do Concello de Santiago e do Concello de Carballo. Ficha técnica: Filme documental. 50 minutos. Presentacións: Xurxo Souto. Produción executiva: Rosabel Candal, Diego Frey. Guión: Xurxo Souto, Ana Viqueira. Produción: Ana Viqueira, Rosabel Candal, Xurxo Souto. Dirección: Ana Viqueira, Diego Frey, Martín Rodríguez, Roi Barros. Realización e montaxe: Martín Rodríguez, Diego Frey. Fotografía: Pio Cribeiro, Roi Barros, Martín Rodríguez, Pablo Kaufmann. Dron: Pio Cribeiro. Son directo e posprodución de audio: Eloy Táboas (TapeSons). Voz en off: Ana Lemos. Animación e creatividades: Roi Barros.

La Movida Viguesa de los 80. Madrid se escribe con V de Vigo. Documental.

Galiza Bravú -Documental

Eugene's Birthday Dec, 1989

Retrincos: Xosé Manuel Beiras

Entre Línguas | DOCUMENTÁRIO

Sumario de En Bandeja de Plata y tramo de videoclips 19-05-26

O Vagón, con Xosé Antonio Touriñán

¡Gorbachov NO era quien decía ser! ¿Quién era en realidad?

II Xeiras: Nor-noroeste, a viaxe Bravú

Un exhibicionista anda solto por Arteixo

Conan O’Brien Delivers the Commencement Address | Harvard Commencement 2026

La Buena Vida "Qué nos va a pasar" (A Solas 2003)

Bastos y Beiras discuten sobre marxismo

GALICIA CANÍBAL. Documental cultura gallega de los 80.

A fronteira será escrita

Why The Russian Accent Terrifies Everyone

Por Qué Franco Nunca Confió en Hitler — La Debilidad Alemana que Nadie Te Explicó

Salda Badago,los inicios del rock vasco, documental iker trebiño 2002 euskal herria punk RRV Joined

Tanxugueiras: "Contrapunto é un canto ao feminismo"

