Alalá nº 213 "O Entroido en Galicia" - TVG
Alalá 213 "O Entroido en Galicia" - Emisión en Televisión de Galicia: 14-02-2015 http://alala.crtvg.es Alalá presenta este sábado un programa especial de 90 minutos sobre o Entroido en Galicia. Unha viaxe espectacular polo entroido rural galego. Asistimos á primeira Mascarada Ibérica, en Vilariño de Conso e Viana do Bolo, con presenza de folións ou fulións de Viana, Vilariño, Manzaneda, Chantada, O Bolo, Maceda, Portugal, León, Asturias... queremos profundar no significado máis auténtico do Entroido rural galego. Que é o entroido? De onde vén? Que ten de especial o entroido en Galicia? Segundo fomos traballando neste programa, descubrimos o pouco que en realidade sabiamos do entroido. Esperamos que moitos dos nosos espectadores vexan a inmensa riqueza do entroido rural galego con este Alalá. Xunto ás grabaciones realizadas na mascarada de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, utilizamos material de arquivo de Televisión de Galicia e do propio programa Alalá. Visitaremos Verín, Oimbra, Xinzo, Maceda, Laza e Catro de Laza, Vilariño de Conso, Viana do Bolo, Manzaneda, Ourense, Pontevedra, As Eiroás, Cobres, O Ulla, Sarreaus, Covelo, Salcedo, Hío, Aldán e moitos outros lugares con celebracións do entroido que nos resultarán sorprendentes e axudarannos a entendelo mellor. Contamos tamén coa colaboración neste programa de: Federico Cocho, autor dun dos libros que mellor explican ou entroido, "O Carnaval en Galicia"; Rafael Quintía, Miguel Losada e Xose Anxo Rosales, da Sociedade Antropolóxica Galega; Pablo Carpintero e Félix Castro, investigadores musicais; Lois Pardo, activista cultural de Ourense que impulsou a creación do entroido da pita; Antonio Reigosa, escritor que colabora con numerosos traballos de divulgación relacionados coa historia, a arte, a etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral; e moitos informantes de Vilariño e Viana. Lembraremos tamén as participacións en Alalá dalgúns ilustres do entroido en diferentes partes de Galicia, como Paco de Escornabois ou Paco “O Xastre”, de Castro de Laza ou o incombustible José o Ghaitas, o Gaiteiro do Piñeiro, protagonista do entroido de Aldán. A banda sonora orixinal dos entroidos rurais galegos sempre foron as chocas, os axóuxeres, os tambores, os aparellos de labranza; noutros lugares, o gaiteiro era o rei. En moitos casos, non hai máis recurso para facer música que os propios instrumentos de traballo de aí que en moitos folións os sachos, as gadañas e as aixadas acompañan aos grandes bombos, normalmente de fabricación caseira. E xuntos cos aveños de labranza, atopamos cornas, a versión metálica do que no seu tempo deberon ser verdadeiros cornos de animais. E tamén ao son das tamborradas de Viana e Vilariño discorrerá este especial Alalá sobre o entroido rural galego. Un programa que recomendamos aos nosos espectadores e a todos aqueles interesados na cultura de Galicia, onde o entroido é unha das súas principais expresións. Este sábado, 14-02-2015, ás 22.30 h. da noite, Alalá “Entroido en Galicia”

La princesse rouge | Documentaire (2022) | ARTE

CARNAVAL de PORRIÑO 2026 🎭 Desfile de Carrozas y Comparsas

Alalá nº 59 "Os ciclos do ano en Toutón" - TVG

Mi esposa fue al banco todos los jueves durante 40 años. Cuando murió, descubrí por qué...

Santo Rosário | 26° Dia | Quaresma 2026 | 19/03 | 03:40 | Live Ao vivo

Alalá nº 214 "Música de Galicia. Especial dende Allariz" - TVG

GOD FREQUENCY 963 Hz | ATTRACT MIRACLES, BLESSINGS AND GREAT TRANQUILITY IN YOUR WHOLE LIFE #15

Mi marido me escribió “Feliz aniversario” 📱… mientras yo lo veía besar 💔 a otra mujer 😱

Lugares Imposibles: Las Casas Más Extremas del Mundo Donde La Gente Todavía Vive | Documental 4K

Only Pakistani Mechanics Can Repair This Giant Caterpillar Loader Tire

Federico a las 7: España '26: imputados de día y de noche

Alalá nº 185 "A Roda" - TVG

The most powerful frequency of the universe 999 Hz - you will feel God within you healing

UN MILLONARIO PUSO CÁMARAS PARA ATRAPAR A LA NIÑERA... Y LO QUE HIZO SU HIJO LO DEJO SIN PALABRAS

En 'Xubilados polo mundo' imos ao Titanic

Unbelievable Smart Worker & Hilarious Fails | Construction Compilation #1 #adamrose #smartworkers

😱😱 50 PUEBLOS de GALICIA con ENCANTO 😍😍 España ❤️❤️ (Que ver en A CORUÑA, LUGO, OURENSE, PONTEVEDRA)

What language was spoken in Spain before the Romans?

Impossible Trains | The World's Most Extreme Railway Routes | 4K Documentary

