Alalá nº 59 "Os ciclos do ano en Toutón" - TVG
ALALÁ nº 59 "Os ciclos do ano en Toutón" Emisión na Televisión de Galicia: 1 de xaneiro de 2008 Hoxe, aquí en Toutón, imos poñer os pés na terra, para tócala, arrencendela, para traballala e para gozala. Porque a terra dá pero tamén pide, e cada cousa no seu tempo. Para empezar canda o ciclo natural, colleremos sachos e legóns e asistiremos a unha auténtica labrada; probaremos despois a cortalo millo para face-la matoca; entraremos no muiño e aprenderemos a facer pan de millo; estaremos cando toque atar e poda-las viñas; e deixarémonos afumar a carón dunha boa potada de caña...Pero, ollo, todo isto sen deixar de tocar, cantar e bailar, porque en Toutón, desde a sementeira ata a esfollada, o traballo sempre se acompañou con música e moitas ganas de pasalo ben. Os ciclos do ano e a música que o acompañan na aldea galega, en Toutón. No inverno a natureza parece que monea, o frío adormece a terra, as prantas e as mans dos que traballan. Hai menos labores pero, os que hai, son duros. Porque podar e ata-las viñas, aínda que parece sinxelo, deixa as costas e o pescozo feito trizas. Asi e todo, esta estampa era e segue sendo habitual en Toutón. E tamén nisto, uns axudaban ós outros e os outros ós uns, facíase render o tempo e o traballo. Os días van medrando e chega a primavera. Canda ela, veñen as duras xornadas de sementar e labrar. Hoxe imos ir a unha labrada coma as de antes. Os veciños prepáran o que van levar á leira a noite anterior: o que van usar para traballar a terra, e o que van usar para animar as pausas..porque xa veredes o que da de si este ramo! Cun pouco de viño, tazas e pan, todo queda listo... Listo para que ó día seguinte, recén entrada a mañanciña, empece o rebumbio en Lordelo. Tódos van chegando puntuais á cita, os veciños que van axudar e os protagonistas pricipais: esta fermosa parella de bois. A labrada xa pode empezar. Hoxe xa case ninguén vai ó muiño. Pero antes era un dos traballos estrela no verán. De feito algúns de nós non fomos nunca, nin sabemos o que alí se “moía” cando se xuntaban mozos e mozas. Din Marina de Florencia e Marina do Miguel que se a moa falase, ¡ui que tería que contar! Imos chegando ata o outono e un novo comezo do ciclo: o primeiro é ir busca-las espigas. Se hai carro, perfecto, e senón, búscase unha solución para carrexalas e punto. ¿E agora que se fai? Pois non sabemos, pero o mellor é seguilos e ver que fan coas espigas que meteron nos capachos... No inverno a natureza parece que monea, o frío adormece a terra, as prantas e as mans dos que traballan. Hai menos labores pero, os que hai, son duros. Porque podar e ata-las viñas, aínda que parece sinxelo, deixa as costas e o pescozo feito trizas. Asi e todo, esta estampa era e segue sendo habitual en Toutón. E tamén nisto, uns axudaban ós outros e os outros ós uns, facíase render o tempo e o traballo

Alalá nº 173 "Xan de Vilar" - TVG

Alalá nº 150 "Teresa dos Cucos" - TVG

Las Maravillas Naturales Más Increíbles De La Tierra Han Impactado Al Mundo | Documental en 4K

Programmiert dein Unterbewusstsein im Schlaf neu - Das stärkste Audio für deinen Quantensprung

At Night : Freakshow | !دخلت سيرك و لازم أتظاهر إني واحد من المسوخ

Alalá nº 216 "O Rei da Festa" - TVG

Joe Kent: Iran-Falle, US-Bodeninvasion & israelische Täuschung

Mucha, Nucha e os xaponeses

MORNING PRAYER TO RENEW YOUR FAITH, HOPE, AND GIVE THANKS TO GOD EACH MORNING

Pulling Nets with Farmers | Harvesting 500KG Big Fish to Sell at Village Market

Alalá nº 1 "Malvela" - TVG

EMIGRACIÓN GALLEGA: MUJERES

II Certame Galego de Regueifas (23-2-2004, Santiago)

Alalá nº 133 "O proceso do pan en Valga" - TVG

"Ella cocina y duerme en su petate a sus 80 años"

Mozas da miña aldea: 1. Toutón. Os seráns

777 Portal ✨ Manifest Miracles, Abundance & Divine Alignment - Meditation Music

Chichvarkin Saves Putin | Vitaly Portnikov

Camín nos Ancares (TPA)

