Alalá nº 23 "Maruxa das Cortellas" - TVG
MARUXA DAS CORTELLAS Programa emitido: 10-10-2006 TVG Din os entendidos da música tradicional que non hai ninguén en Galicia que toque o pandeiro como o fai María Grande Sobral, máis coñecida como Maruxa das Cortellas. Ela non entende cómo non hai máis xente que saiba tocalo, ou que saiba acompañala cunha pandeireta, ou que saiba cantar as cantigas de sempre. Di que así non hai quen faga festa, alomenos festas como as que coñeceu ela, como aqueles seráns nos que aprendeu a tocar, cando tiña dez anos, escoitando ás mulleres maiores. Hoxe tén 73 anos e segue vivindo nas Cortellas de Soutomaior, onde naceu. Vive co seu home, Marcelino, que pasou moitos anos embarcado por augas do Brasil e co que tivo tres fillos. Os fillos están fóra e a vida de Maruxa e Marcelino transcorre entre os traballos do campo, o coidado dos animais e a convivencia cos trinta veciños que aínda quedan nas Cortellas. Neste Alalá veremos cómo é a vida desta parella chea de vitalidade. Cómo é o seu día a día nunha época na que sobran os traballos, coincidindo coa vendima e coa colleita do millo, e ademais cunha das festas máis importantes da zona, a da Virxe da Peña de Francia. Falaremos con Maruxa, verémola bailar e cantar e, sobre todo, teremo-la enorme sorte de escoitar con qué mestría toca o pandeiro esta muller, unha das poucas persoas que aínda sabe facelo en Galicia.

Alalá nº 171 "Flor de Toxo (Pandereteiras de Avión)" - TVG

Maruxa

Alalá nº 24 "Faltriqueira" - TVG

#8ML LUNES (12-06-23) La Orquestina de León, Corpus Christi San Andrés, Decora con arte, RBH Global

História da Regueifa: Vários vídeos sobre repente galego (e um documentário sobre o volfrámio)

𝐂𝐨𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐚𝐬 (Soutomaior, Pontevedra) 20.03.1998

Teresa dos Cucos e Fransy González

Alalá nº 16 "Pandereteiras de Barro de Arén" - TVG

Gila - Guerra

A música dos Ancares II

Alalá nº 117 "Dignas do Querer" -TVG

Se canto é porque quero | Capítulo 2. As pandeireteiras de Mens. Da aldea á cidade

180518_BOTIFARRA

Alalá nº 85 "Os Seráns"- TVG

Fiestas San Miguel 2013 en Cadreita. Ronda jotera con la Ribera Canta, 20 julio, día hombre

Alalá nº 164 "Felicia" - TVG

Juan Robledo Iglesias. Canción Asturiana

Alalá nº 14 "Concha de Luneda" - TVG

RONDA JOTERA 2010 VILLAFRANCA NAVARRA

