Alalá nº 117 "Dignas do Querer" -TVG
Visita a nosa canle: http://alala.crtvg.es Alalá nº 117 "Dignas do Querer" -TVG Emisión en Televisión de Galicia: 30/06/2009 LUGAR DE GRAVACIÓN: PONTE CALDELAS, LAXOSO + Esta noite o programa Alalá achégase a Ponte Caldelas para estar con algunhas coñecidas nosas; as pandereteiras “Dignas do Querer”; elas e eles porque incorporaron algunha figura masculina. Teriamos moitas cousas que dicir destas mulleres, pero o mais salientable e a enerxía, ganas, paixón e amor que lle poñen á súa música, ás súas actuacións e cando van por aí ós seráns, rodeadas de xuventude, que é algo que as fascina. Para nós foi unha visita entrañable porque, como xa diciamos, a algunhas delas xa as coñecemos hai catro anos, cando estabamos comezando este ilusionante proxecto. Unha delas: Áurea Adán é como todas afirman a directora, a profesora, a representante, a amiga... en fin, unha figura imprescindible para as Dignas. Están encantadas porque acaban de cumprir un pequeno soño: ¡gravar un disco! Que foi algo que non esquecerán nunca. Non paran, alá onde as chaman van, tanto é así que chegaron ata Bruxelas; como elas dín, “o que non fixemos de novas estamolo a facer agora”. Aproveitando que estamos nesta zona de Ponte Caldelas falaremos tamén da emigración que aquí foi predominantemente ó Brasil; cando estivemos en Salvador de Bahía, atopamos unha chea de xente que marchou desta zona de Ponte Caldelas e da Lama, algúns non volveron nunca, outros veñen de cando en vez e algúns retornaron. Estes galegos que marcharon levaron a música e os oficios con eles, un dos mais importantes era o da cantería. Falaremos cun canteiro, amigo das mozas do grupo e recuperaremos o “verbo” deste gremio, a xerga que empregaban e que só eles entendían. ¡Que mágoa que hoxe xa non se saiba!. Contarannos como están agora, as sensacións que teñen co axetreo de gravar un disco; como a música serve de terapia cando un está enfermo e tamén poderemos escoitar as composicións de Áurea Adán, que non para de recordar, de inventar e de cantar. As Dignas do Querer esta noite vannos dar a receita cos seus e “tantos anos” da pócema da eterna xuventude. 720p-

Alalá nº 150 "Teresa dos Cucos" - TVG

Alalá nº 216 "O Rei da Festa" - TVG

Bertso saioa (1) (Ikaztegieta, 2025-08-10) (45'10'')

Luar 1000

ALAN LOMAX. The Spanish recordings. GALICIA. 1ª parte.

Muñeira en Santiago de Compostela

A alcaldesa pon os veciños a durmir no pavillón por unha situación de emerxencia

Relatorio Leni Pérez, música e compiladora

Alalá nº 3 "Cantadeiras de Laxoso" - TVG

Alalá nº 128 "O Freixo" - TVG

Popurrí Gallego: A Virxen da Barca / Si Vas a San Benitiño / Eu Queriame Casare / A Mariñada...

Alalá nº 105 "A Música Tradicional galega na emigración en Brasil, parte II (Sao Paulo)" - TVG

Alalá nº 124 "Fuxan os ventos" - TVG

Aurea en Luar TVG
![04. Historia da compilación musical nos grupos folclóricos [Axudádeme a cantar]](https://i.ytimg.com/vi/u2ZLuXV5j8s/hqdefault.jpg?sqp=-oaymwEjCNACELwBSFryq4qpAxUIARUAAAAAGAElAADIQj0AgKJDeAE=&rs=AOn4CLDHCgRyS43MOU9VhXNJE_93bUOBHg)
04. Historia da compilación musical nos grupos folclóricos [Axudádeme a cantar]

Alalá nº 81 "Señora Carmen" - TVG

LILAINA, Xiradela 2014

Habaneras de Cadiz.avi

Alalá nº 164 "Felicia" - TVG

