Sociedades da vixilancia. A cultura como refuxio
Sociedades da vixilancia A cultura como refuxio 2 de xuño de 2026 Santiago de Compostela O ciclo de pensamento e cultura “A cultura como refuxio” nace coa vontade de abrir un espazo de reflexión compartida arredor do papel que desempeña a cultura nun contexto contemporáneo marcado pola incerteza, a aceleración tecnolóxica e a crecente sensación de exposición permanente. Nun mundo atravesado por dinámicas de control, monitorización e extracción de datos, a cultura emerxe non só como lugar de creación e encontro, senón tamén como un territorio de resistencia, abrigo e pensamento crítico. Esta xornada propón afondar nas transformacións sociais derivadas da implantación masiva de tecnoloxías de control e na súa incidencia sobre a vida cotiá, a liberdade individual e as prácticas culturais. A través do diálogo coa xornalista e investigadora Marta Peirano —referente na análise das relacións entre tecnoloxía, poder e sociedade—, abrirase unha conversa que nos convida a cuestionar os límites entre seguridade e vixilancia, entre innovación e dominación. A sesión complétase cun conxunto de relatorios que exploran, desde distintas disciplinas, como a palabra, as artes e o pensamento poden actuar a modo de refuxio fronte ás lóxicas de control. A intervención de Roberto Pascual propón unha ollada sobre o teatro como espazo de resistencia e de construción de alternativas simbólicas e no caso de Marina García Canedo sobre Body monitoring: panóptico e corpo feminino. Nun tempo de exposición constante, pensar en conxunto convértese, máis que nunca, nun acto de coidado e de liberdade.

EU TAMÉN NAVEGAR. Cincuenta anos de feminismo galego. Venres mañá

#LiveNow | Masiosare: The opposition in its labyrinth (August 27, 2025)

How to increase your vocabulary: Live English Class

Momentos de oración | Padre Martín Ávalos | Estamos orando por tus intenciones

RL for Agents Workshop - Deep Dive on Training Agents with RL and Open Source

Europe Has Become a War Project — Can It Be Stopped? | Yanis Varoufakis & Jeffrey Sachs

Ask Brian Greene LIVE Q&A | World Science Festival

Carlos Taibo: A guerra como elección

VIDA DESPUÉS DE LA VIDA - Dr Manuel Sans y Las Experiencias Cercanas a la Muerte - Roca Project 2

What to do when you don't understand: Live English class

ADEGA: 50 anos de ecoloxismo galego

Live Q&A with Brian Greene | World Science Festival

The French Do Not Care About Work

“The IA Wants to Become God” | Jesus G. Master (@JesusGMaster)

COLABORATORIO: Acompañamiento entre pares

Capitalism vs. Socialism: A Soho Forum Debate

Manuel Lourenzo: unha conversa de 2023

PASS Your Phlebotomy Exam! 💉 Must-Know Terms + Practice Questions

Economist Yanis Varoufakis: America Is Heading Towards Collapse! (With Cenk Uygur)

