Alalá nº 175 "San Blas de Bembrive" - TVG
Alalá nº 175 "San Blas de Bembrive" - TVG Emisión en Televisión de Galicia: 02/03/11 Web de Alalá: http://alala.crtvg.es A festa do San Brais en Bembrive é unha manifestación colectiva excepcional e peculiar no contexto das festas galegas.Nun marco rural singular(é entidade menor local) pero limítrofe coa gran urbe galega(pertence ó concello de Vigo) mantén unhas sinais de identidade que mesturan dun xeito sorprendente ruralidade con urbanidade e relixiosidade con manifestacións laicas.Nel toman parte e participa a xuventude xunto con xente adulta e de idade avanzada.Relixión,gastronomía e música son o triángulo que pecha uns días de festa movidos e intensos que teñen o seu preludio e o seu epílogo en outras festas menores espalladas pola zona .A gran parroquia viguesa consegue nesta festa xuntar todo tipo de vontades e todo tipo de xente polo que a festa non se limita a unha zona senón que se mete literalmente dentro de cada familia, dentro de cada casa e dentro de cada un dos que se apuntan.A pesares de que a festa segue o calendario romano nun 3 de febreiro, o poder de convocatoria é absolutamente abraiante, miles de persoas de todas as idades (quizais menos nenos polo tema da escola),se dan cita anualmente nos actos gastronómicos(o cocido é o centro),musicais e relixiosos que como unha trinidade non se poden concibir por separado.Os estreitos camiños da parroquia quedan convertidos nestes días nunha sorte de magna romaría na que xunto cós furanchose á igrexa se transforman en escenarios imprescindibles para todos. As peñas que nun principio eran só de homes(de feito nun principio chamábase A FESTA DOS HOMES) bebían da cidade,pois eran traballadores tamén homes do naval,do metal e da industria da automoción os que animaban coas peñas o día e a noite, nos últimos anos as mulleres tamén se suman en pé de igualdade á festa e as peñas teñen xa unha orixe máis diversa.Deste xeito se asistimos o San Brais de Bembrive comprobaremos curiosamente a vitalidade da cidade olívica na súa vertente rural que o paso do tempo e os cambios sociais non son quen de suavizar,aí está a súa grandeza.A música tradicional e popular na súa faciana máis desenfadada é parte imprescindible dos días de festa, gaitas, acordeóns ,percusións, instrumentos caseiros, inventados e a voz das cancións populares ou inventadas son o aroma constante dos camiños e furanchosque durante varias semanas dan unha vida especial á parroquia de Bembrive ,Beade,Valadares ou Lavadores, pero tamén e por extensión a todo o municipio. As connotacións de tipo social económico e ata político non son tema menor nesta gran manifestación popular,ningún mandatario vigués que se precie deixa de acompañar ó santo o citado día na procesión.Será porque os políticos aprecian a quen lle pode manter con saúde á súa gorxa?. Xaime Estévez. Xaneiro 2011.

Alalá nº 125 "O Gaiteiro Tradicional" - TVG

IMÁGENES MUY DURAS DE RTVE! PERIODISTA LLORANDO ABANDONA EL PLATO CON UNA CRISIS EVIDENTE.

Alalá nº 118 "Noites de Tasca" - TVG

📖 How to Hear the Voice of God When Studying the Bible | Dr. David Yonggi Cho

Master Yourself | Brian Tracy | The Power of Self-Control and Discipline

Bembrive celebra San Blas con un espléndido día lleno de música, comida y mucho sol

🚨La FIFA intentó HUMILLAR a México…😭 pero el mundo entero se puso LA VERDE

Treixadura- Os teus ollos. Peregrina 2012

Alalá nº 61 "A Taberna do Lourenzo"

San Blas 2009 Bembrive (Vigo) ***03/02/09***

Alalá nº 172 "Gaiteiros de Santa Comba" - TVG

Bembrive celebra y cierra San Blas por todo lo alto con devoción, música y comida

De Tudela hasta el Roncal, Hermanos Anoz

ORQUESTA COMPOSTELA 2010

Alalá nº 215 "A música na comarca de Bergantiños- X Foliada de Cerqueda"- TVG

Alalá nº 26 "Seivane" - TVG

The SCOTS exercised its Freedom of the City of Edinburgh, marking its 20th anniversary

Fiestas de San Blas en Bembrive 2025, Vigo

ACF O Fiadeiro en Lorient - Noite Intercéltica (2011)

