Conversas Concello Dixital: Entrevista a Alejandro Antelo, Secretario do Concello de Neda.
Entrevistamos a Alejandro Antelo, Secretario do Concello de Neda, tralo remate do proceso de transformación acometido na súa entidade ao abeiro do proxecto Concello Dixital, da Deputación da Coruña. Nesta nova entrega de "Conversas *Concello *Dixital", Alejandro cóntanos impacto que supuxo, e supón en Neda, a adopción deste novo modelo de organización baseado na dixitalización, consciente e ordenada, no ámbito das entidades locais. Quedamos con Alejandro Antelo na sede municipal do Concello de Neda, unha solleira mañá de xullo. Tralas presentacións oportunas, suxírenos facer a entrevista no seu despacho. Alejandro é o Secretario de Neda, concello da Comarca de Ferrolterra onde que ven de rematar o seu proceso de transformación dixital ao abeiro do proxecto Concello Dixital, da Deputación da Coruña. A conversa comeza coa pregunta obrigada sobre a valoración do proceso de transformación, que o no noso entrevistado considera moi positivo, cunha gran participación entre os empregados e empregadas públicas do concello. Neda é unha entidade relativamente pequena en poboación, que flutúa arredor dos 5.000 habitantes e cun cadro de persoal municipal reducir que permite unha gran axilidade e cohesión, confirma o seu secretario. Confirman o éxito da dixitalización de Neda, entre outros indicadores, as cifras no Rexistro na Sede Electrónica, que é "absolutamente maioritario" fronte ao rexistro tradicional en papel. Falamos tamén de transparencia e boa gobernanza, e dos dereitos da cidadanía no escenario actual de relación coa Administración e da resposta destas a cuestións clave: seguemos tendo que presentar demasiados "papeis" nas tramitacións?, ¿cómpre facelo realmente?, ¿que di ao respecto disto a Lei 39? O xeneroso tempo que nos concede Alejandro da tamén para falar do papel relevante dos concellos na Axenda 2030, da protección de datos e da fenda dixital, sen esquecer un feixe de bos desexos para o futuro da sociedade dixital formulados ao remate da nosa entrevista.

Conversas Concello Dixital: Entrevista Ana Cacharrón e Laura Gutiérrez . Concello de Bergondo

Ex-jefe de Oncología: Por Qué España Tiene Tantos Casos de Cáncer (la respuesta, en tu plato)

EP02 Your Honors: CC Error

Conversas Concello Dixital. Entrevistas aos Servizos Sociais do Concello de Cambre

HOW GOOD WAS PELÉ?

Cámara Abierta CINTECX a Mujeres y Hombres STEM. Eduardo Suárez.

La Fórmula Completa del Éxito que Nadie te Había Enseñado | @seminariocreandoriqueza

O PODER DA ORAÇÃO | Escola de Sabedoria com Tiago Brunet

¿Amamos como nos amaron? Marian Rojas Estapé

Trump, Meloni Come Face To Face At NATO Summit During Family Photo, Then This Happens

Conversas Concello Dixital. Eva Tajes, E-Responsable do Concello de Muros.

The families that govern Brazil

OUTSIDER POLITIC #5. Traian Băsescu: „Nicușor Dan e un președinte care nu poate servi țara”

Nervous System Regulation (999 Hz) | 1 hour handpan music | Malte Marten

LUCIA HELENA GALVAO E ROSSANDRO KLINJEY - Podcast Alma Talks - Filosofia para Viver - EP#006

Catholic Mass 101: Learn Every Part of the Mass and What It Means (w/ Fr. Mike Schmitz)

Las enseñanzas de un lama para vivir mejor | Rinchen Gyaltsen, monje budista

Analysis Panel with Loret: Lorena Becerra, Maite Azuela, Silva-Herzog, Aguilar Camín, and de Mauleón

Raíces y Futuro AEFCLM | PAGO DE LA JARABA: Excelencia, Relevo Generacional y Enoturismo

