BRAIS DAS HORTAS - Santa Compaña 2.0 (Trap) - Contos Para Caghar Patatillas

Aquí vos vai o trap da Santa Compaña 2.0 co que remato o espectáculo de Contos Para Caghar Patatillas. Tedes a letra aquí abaixo : Somos almas en pena #Vaghando Cumprindo a condena Como me veñas co de "truco o trato" 'ghánchote da orella e vés comigho po burato. Imos presentarnos como é debido. Aquí representando, falando cos vivos. Somos a Compaña, somos as almiñas que saímos xuntas todas as noitiñas. Estamos mortas pero non descansamos. As nosas penas andando purghamos. Para que os vivos ghardedes a memoria, que cada morto conte a súa historia. A min pilloume a morte en Monforte. Rasqueime a orella cada vez máis forte. Cando me dei conta xa tiña un buracasso e da miña orella só quedaba un pedasso. Eu morrín en Lalín montado nun chimpín disindo "Nenas! Mirai para min!" Fíxenlle un trompo tope gama arriscado. Fóiseme o chimpín e alá fun por un valado! Somos a Compaña, a Rolda, a Estadea. Imos por camiños de noite con candeas en procesión levando a caixa, anunciando que un vivo vai ser baixa. Nós somos aviso. Só vimos para iso. Temos un recao de mi pa ti, do outro lao. Dos mortos para os vivos : non sei que é o que vos pasa. Xa non fasedes caso con tanta cabasa. Pero ti que fas, pimpín? Isto é Galiza deixate de Jalojuin. Mira pra min. Parésoche de Minessotta? Miña avoa é de Esteiro i ei nasinche en Carnota. Xa paresedes vós máis sombies ca nós. Queda alghén vivo entre tanto dispositivo? Pra falar con vós descargheime esta app e o que tiña que disir xa mo converteu nun trap. Tremendo flou Mira como vou - oh, si! Saín dun cadaleito -yeah! Ido si que é unboxing. Isto non é spoiler pero si que é o final : Se che ghusta dalle a like e suscríbete ao canal.