BRAIS DAS HORTAS - Kiwis (Consertasso na Horta)

Xentiña!! Aquí vos deixo uns capachiños de kiwis da casa para que os desfrutedes! Tema : Kiwis Album : Consertasso na Horta Letra e música : Brais das Hortas Dirección : Brais das Hortas Dirección de Producción : Eva Triñanes Axudante de producción : Déborah Romero Cámaras : Laura Triñanes, Daniel Pérez e Pedro Galbán Iluminación : Geno Carou Atrezzo : Brais das Hortas, Eva Triñanes e Alexandre Romero Letra : Estaba na horta. Petaron na porta. Fun correndo a ver que será. Érache Carmiña, a miña vesiña, con seis cepas na súa man. Díxenlle “Carmiña, que me traes, vesiña?” “Ti pranta isto que xa verás. Faslle unha parra, que isto sempre agharra e non para de botar…” “De botar que?” “De botar kiwis” Eu fíxenlle caso e dun sachadasso seis buratos alí furei. Abono e terra e unha pouca regha e alí mesmo eu prantei... Prantei o que? Prantei os kiwis E cheghou o outono e con tanto abono non sabedes que me pasou! Aquilo non paraba. Mimá, canto daba! E aghora onde vou… ...con tantos kiwi?