Orquesta Exploratoria de San Pedro 2.0

Xuntanza de traballo con 4 persoas do barrio de San Pedro, no marco do encontro internacional sobre arte e territorio “Qué Tal Mileto?”, facilitado polo colectivo Galiza Emocional e celebrado nas instalacións da Escola Unitaria en Compostela. Durante tres sesións de traballo nas dependencias do Centro Xove da Álmáciga, creamos un concerto traballando sonoridades non convencionais dos instrumentos (acordeón, percusión, guitarra e baixo), engadindo voces e taxturas electrónicas nun intenso concerto no fin de festa do encontro na propia Unitaria.