Florencio - Caamaño&Ameixeiras
Primero single de Aire! que podedes mercar en: https://www.caamanoameixeiras.com/tenda "Florencio é unha homenaxe á tradición, ao popular, ás raíces. Ao poder e á verdade do simple e do auténtico. A todos aqueles que cultivaron e coidaron as sementes que fixeron agromar o patrimonio que hoxe atesouramos. O título fai referencia a unha desas figuras imprescindibles, O cego dos Vilares, creador e transmisor de músicas e historias populares que facía nacer do seu violín e da súa gorxa, e que espallaba despois polas aldeas e montañas da Fonsagrada. Florencio é un tema a dúo gravado en riguroso directo, espido e sen maquillaxe. Simple e sincero como a semente da que nace. Tocado coas entrañas e bailado coas mans. Poderoso e explosivo. Ei van unhas xotas… Aire!" Este vídeo non sería posible sen Mari Luz Santos, Olaia Tubío, Alejandro Gándara, Sinda Cundíns, Xosé Ameixeiras, Eloy Costa, Xosé María Varela, Gutier Álvarez, Ramón do Serrador, Apel·les Carod e Lucía Estévez. Agradecidas a todas as participantes: Sara, Pilar, Esther, María, Manuela, Susana, Sonia, Evangelina, Cristina, Pepe, Delores, Manuel, Perfecta, Teresa e Basilisa. Dirección : Antía Ameixeiras Gravación : Olaia Tubío e Antía Ameixeiras Montaxe: Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras Corrección de cor: Leticia T. Blanco Florencio, peza pertencente ao disco Aire! (2021) Trad. Repertorio de Florencio, o Cego dos Vilares Arranxo : Caamaño&Ameixeiras Produción: Diego Galaz "Florencio" Caamaño&Ameixeiras © & ℗ Microscopi 2021 ISRC: ES56X2100033 / duo_caamano_ameixeiras / caamanoameixeiras https://www.caamanoameixeiras.com/

Caamaño&Ameixeiras - Maribel

Documentary "Florencio, O Cego Dos Vilares" by Pancho Álvarez (2023) - Subs. en, fr, gl, es

Tanxedoras - Xota de Corcubión

Ai de min - Caamaño&Ameixeiras

Caamaño & Ameixeiras - 150º aniversario de Antonio Palacios - Hospital de Maudes Madrid 16/06/2024

Totale Idioten bei der Arbeit mit der Kamera gefilmt

Jota do Galão - Oîma

Coreutica 2024 10° anno - Saltarello Roberto Boccacci Organetto - S.Michela Salentino 20 Luglio 2024

Bolero en la Madrugada – Voces del Alma en La Habana

Caamaño&Ameixeiras con Rodrigo Cuevas - Catro Cousas

Unbelievable Smart Worker & Hilarious Fails | Construction Compilation #8 #adamrose #smartworkers

Dúo Caamaño-Ameixeiras - Buchimitsa (Folk Sessions)

A pequena morte - Caamaño&Ameixeiras

Baiuca, Xosé Lois Romero y Aliboria - "Caroi" (Un país para escucharlo)

Bolero de Madrugada - Bolero y Nostalgia Cubana

Voy a buscar una cabra al monte y me encuentro otra cosa, qué susto

TANXUGUEIRAS - Que non mo neguen (videoclip)

Pärbo. Begoña Riobó e Anxo Pintos. Xotas de Florencio ::: Música no Claustro 2021.

'Aire', na voz e nas mans de Caamaño&Ameixeiras e Sheila Patricia

