Rosalía, a nai das Rosalías

Hoxe en día o nome de Rosalía ten máis sona que nunca. Aquí un pequeno recordatorio de quen é a Rosalía que debemos lembrar sempre, a nosa Rosalía, a primeira, a nai de todas, a que se adapta a todas as cores, a todos os tempos e a todos os estilos musicais, a que podemos ler pero tamén coa que podemos cantar. Catro estilos musicais para catro minutos de homenaxe. 1º Premio Categoría Airiños Concurso Escolar Canta Rosalía 2026