O músico Antón Seoane presenta o seu libro-disco 'De Voces Ceibes a Milladoiro'

O músico Antón Seoane está a presentar estes días o seu libro-disco "De Voces Ceibes a Milladoiro". Na publicación analiza polo miúdo a época que vai desde a aparición da Canción Popular Galega ata o nacemento e éxito de Milladoiro. O CD contén algunhas das cancións máis representativas deses anos.