NVF Podcast 2x35 Robert Carril | De ser a maior perla da Madroa a xogar en Dubai

Novo episodio do NVFPodcast! Nesta ocasión, sentamos a falar con Robert Carril, unha das grandes promesas que deu a canteira do Celta de Vigo nos últimos anos. Internacional coa selección española en categorías inferiores e considerado durante moito tempo un dos futbolistas con máis talento da súa xeración, Robert viviu desde moi novo todo o que implica destacar nunha canteira de elite. Formado no Areosa e no Celta xunto ao seu irmán mellizo Pedro, o mediapunta vigués converteuse nun dos nomes máis seguidos da base celeste. O seu talento chamou a atención de numerosos clubs e acabou levando a súa carreira ata o Villarreal antes de regresar a Vigo para completar a súa etapa xuvenil. Ao longo da conversa repasamos os seus anos na canteira celeste, a presión de ser considerado unha estrela desde neno, o paso pola selección española, a relación con adestradores como Claudio Giráldez, o salto ao fútbol sénior e as dificultades que aparecen cando as expectativas non sempre se cumpren como un imaxinaba. Tamén falamos da súa sorprendente aventura nos Emiratos Árabes Unidos, onde xogou no proxecto liderado por Michel Salgado, convivindo de preto cunha das grandes lendas do fútbol español e descubrindo unha realidade futbolística completamente diferente. Unha charla sincera, chea de reflexións, anécdotas e aprendizaxes sobre o éxito, a presión, os cambios de rumbo e a realidade que se agocha detrás das grandes promesas do fútbol. Non esquezades deixar un comentario, subscrivídevos e seguídenos en todas as redes sociais, onde damos samba diaria! @NVFGalicia Grazas aos nosos colaboradores, os amigos de OClub: unha app que é todo en un para a xestión de clubes de futbol. Mellora a comunicación, organiza adestramentos e xestiona partidos con facilidade. Controla estatísticas e o rendemento dos xogadores dende calquera lugar. ANDROID: https://play.google.com/store/apps/de... IOS: https://apps.apple.com/es/app/oclub/i... Grazas a Jim Sports por colaborar semana a semana co Xogador Grupo Jim Sports da Semana na Terceira. Grazas a Alumea por axudarnos a aforrar na nosa factura da luz semana tras semana. Unha aperta futboleira Faite membro da canle para gozar coas vantaxes de ser FURIÑO VIP:    / @nvfgaliciayt  

"VAI SER UNHA TOLEMIA" | Predicións de todas as finais de Playoffs
▶︎

"VAI SER UNHA TOLEMIA" | Predicións de todas as finais de Playoffs

NVF Podcast 2x34 Manu Rivas | De priorizar os estudos en Preferente a Primeira RFEF en tres anos
▶︎

NVF Podcast 2x34 Manu Rivas | De priorizar os estudos en Preferente a Primeira RFEF en tres anos

A CIGANA MAIS CONHECIDA DE PORTUGAL | PODCAST + OU -
▶︎

A CIGANA MAIS CONHECIDA DE PORTUGAL | PODCAST + OU -

MARIO'S JOURNEY #14 | ÁLVARO MORATA
▶︎

MARIO'S JOURNEY #14 | ÁLVARO MORATA

#36 | Raúl Martín Presa: "I defend Rayo, I don't defend the Bukaneros" with J.R. De la Morena
▶︎

#36 | Raúl Martín Presa: "I defend Rayo, I don't defend the Bukaneros" with J.R. De la Morena

Las Élites que Dominan España: Florentino Pérez, IBEX, Monarquía y Opus - Andrés Villena #52
▶︎

Las Élites que Dominan España: Florentino Pérez, IBEX, Monarquía y Opus - Andrés Villena #52

Niederlande - Japan Highlights FIFA WM 2026 | Sportschau
▶︎

Niederlande - Japan Highlights FIFA WM 2026 | Sportschau

MERCENARIO DESTAPA los SECRETOS de las OPERACIONES ESPECIALES | Marco #123
▶︎

MERCENARIO DESTAPA los SECRETOS de las OPERACIONES ESPECIALES | Marco #123

RODRI Hernández: "CAMBIARÍA el BALÓN de ORO por la SEGUNDA ESTRELLA con ESPAÑA sin NINGUNA duda"
▶︎

RODRI Hernández: "CAMBIARÍA el BALÓN de ORO por la SEGUNDA ESTRELLA con ESPAÑA sin NINGUNA duda"

Spain's Darkest Crimes: Manu Marlasca Tells ALL #LFDE
▶︎

Spain's Darkest Crimes: Manu Marlasca Tells ALL #LFDE

MATCH PREVIEW: CanMNT 🇨🇦 vs. Bosnia-Herzegovina 🇧🇦 (Ep. 2) | bet365 FOR THE WIN 🏆
▶︎

MATCH PREVIEW: CanMNT 🇨🇦 vs. Bosnia-Herzegovina 🇧🇦 (Ep. 2) | bet365 FOR THE WIN 🏆

🏆¡Cubarsí ya se ve CAMPEÓN del mundo con España!👑
▶︎

🏆¡Cubarsí ya se ve CAMPEÓN del mundo con España!👑

NVF Podcast 2x33 Javi e José | A historia dos xemelgos Fontán
▶︎

NVF Podcast 2x33 Javi e José | A historia dos xemelgos Fontán

De CHACHO a ASPAS | TODOS os GALGOS na COPA DO MUNDO
▶︎

De CHACHO a ASPAS | TODOS os GALGOS na COPA DO MUNDO

Ep. 44 - Broken Ideologies with Anuj
▶︎

Ep. 44 - Broken Ideologies with Anuj

Borja Iglesias | Returning to return
▶︎

Borja Iglesias | Returning to return

Niederlande – Japan Highlights | Gruppe F, FIFA WM 2026 | sportstudio
▶︎

Niederlande – Japan Highlights | Gruppe F, FIFA WM 2026 | sportstudio

S13 E15: Iran, FIFA & UK Elections: 6/14/26: Last Week Tonight with John Oliver
▶︎

S13 E15: Iran, FIFA & UK Elections: 6/14/26: Last Week Tonight with John Oliver

Kaka On Neymar, Brazil’s World Cup Chances & Why Ancelotti is 'Perfect'
▶︎

Kaka On Neymar, Brazil’s World Cup Chances & Why Ancelotti is 'Perfect'

Three strangers who changed my life | Hernán Casciari, writer
▶︎

Three strangers who changed my life | Hernán Casciari, writer