A invención da tradición | Anselmo López Carreira. A Festa da Istoria de Ribadavia
Anselmo López Carreira dedicou a súa intervención nas Xornadas 'A invención da tradición' á Festa da Istoria de Ribadavia. A celebración, organizada coa participación de centos de persoas voluntarias, representa un pasado medieval no que a pegada xudía ten un peso importante debido a unha interpretación documental errónea que levou a comezos do século XX a sobredimensionar a presenza hebrea en Galicia, explica o especialista en historia medieval. López Carreira interveu no primeiro encontro das Xornadas 'A invención da tradición', celebrado no Museo Provincial de Lugo. A Sección de Historia organizou este foro co apoio da Deputación de Lugo, a Rede Museística Provincial de Lugo, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación.
