Alalá nº 76 "Arxentina I"- TVG
Capítulo nº 76 de Alalá. 1ª parte da música tradicional galega na emigración en Arxentina. Emisión TVG: 5 de maio do 2008 ¿Qué pensades que pode resultar de mesturar a muiñeira e o tango? Cando os galegos emigraron a Arxentina non só levaron dous brazos para traballar. Levaron con eles toda unha maneira de vivir e de divertirse e toda a música da súa terra. Xa no barco soaban as gaitas para animar as longas xornadas de travesía. E unha vez cruzado o Atlántico, a música galega colleu vida propia. Houbo cancións que se mantiveron na Arxentina mentres se esquecían en Galicia, nas composicións novas mesturáronse os ritmos galegos cos aires do tango e co paso das xeracións a música galega foi evolucionando para dar lugar a distintas formacións e repertorios. Os galegos foron despois dos italianos a colectividade máis numerosa dos emigrantes a Bos Aires. Durante décadas máis de medio millón de persoas embarcaron en Vigo cara Bos Aires, que se converteu na cidade do mundo onde vivían máis galegos, por diante da Coruña e de Vigo. Emigrantes e exiliados, como o mesmo Castelao, que morreu nunha habitación do Centro Gallego. Os nosos paisanos tiveron un peso importantísimo no desenvolvemento da Arxentina como país e na modernización de Galicia. E a música galega tivo tamén unha enorme presenza nos distintos momentos da historia bonaerense. A mesma Rianxeira se compuxo na outra beira do mar. Para guiarnos por esta ampla e descoñecida parte da música tradicional galega no contexto da emigración arxentina contamos neste Alalá coa axuda dun mozo que sabe moitísimo de todo isto: Norberto Pablo Cirio. Un antropólogo e musicólogo que ademais toca a gaita. Toca cos Lucenses, unha das dúas “regionales” que aínda seguen en activo das setenta que chegou a haber. “Regionales” é como en Bos Aires chamaban ás murgas que animaban os bailes das sociedades galegas. Nestes bailes podían chegar a xuntarse máis de vinte mil persoas e os domingos non eran domingos para os emigrantes se non acudían con toda a familia a unha destas auténticas romarías á beira do Río da Prata ás que chamaban picnics. No seu repertorio mestúranse pasodobres con música tropical ou con calquera ritmo de moda, pero o que nunca pode faltar aínda hoxe son as xotas e as muiñeiras. Os sons que poden facer que un emigrante o mesmo salte de ledicia como se poña a chorar sen consolo. “Emigrantes Gallegos” son unha banda de gaiteiros maiores que nos falan en primeira persoa destes sentimentos e cos que entenderemos un pouco máis por qué a gaita soa distinta cando se escoita lonxe da terra onde un naceu.

Alalá nº 77 "Arxentina II"- TVG

Alalá nº 112 "A música tradicional galega en Brasil, parte IV: Santos"- TVG

ROMERIA DE SAN BENITO ABAD DE SAN CRISTOBAL DE LA LAGUNA TENERIFE 12/07/2026 GONZALO

Dos patrias: Inmigrantes gallegos (capítulo completo) - Canal Encuentro HD

⭐ Fado Português: Mar e Saudade 🌊 Beautiful Traditional Portuguese Music

Valse de Mon

Frankreich – Spanien Highlights | Halbfinale, FIFA WM 2026 | sportstudio

🕊️ Donde Nace la Calma | Música Andina Instrumental para el Alma 🌿

Folías canarias (baile y canto) en 9 versiones - Con texto

DGPM 1083 LA VUELTA A CASA

Pumarin,de Los Ancares en El Programa ALALA de la TVG

Scott Ritter: Russland gewinnt den Krieg – und das eindeutig

Alalá nº 105 "A Música Tradicional galega na emigración en Brasil, parte II (Sao Paulo)" - TVG

LA TUNA DE ALCALÁ

EMIGRACIÓN GALLEGA: MUJERES

Mexican Mariachi Trumpet Music | Guitar & Accordion Instrumentals 2H

Alalá nº 185 "A Roda" - TVG

The Indianos. The great Spanish emigration to America, which changed the country.

Fado Português: Saudades de Ti 🌹 3 Hours of Beautiful Traditional Portuguese Music

