Festival Reina Loba 2019 - aftermovie

🐺 👑Xa temos aquí o vídeo resumo 2019👑 🐺 🌳🏡Sempre aproveitamos este momento para agradecervos a vosa participación no festival, que segue vivo grazas a todas as asistentes, artistas, músicas, talleristas, artesás, voluntarias e, sobre todo, grazas ao pobo de #OsBlancos: alierce fundamental do #FestivalReinaLoba. 🌳🏡Sen Os Blancos, a súa casa, este festival non tería sentido. Non concibimos un Reina Loba que non sexa pensado e construído da man das súas veciñas. Unhas mans que, desde o confinamento, vólvesenos imposible estreitar. ⚠É por este motivo que, tras semanas de reunións nas que non nos atreviamos a pronuncialo, hoxe queremos ser consecuentes coas nosas capacidades e limitacións e, moi ao noso pesar, anunciámosvos que non haberá Festival Reina Loba #2020. ⚠Queremos coidar ao pobo que nos coida, e entendemos que construír un festival desde a distancia e sobre a incerteza non vai da man deses coidados que nos moven. Agradecemos a vosa comprensión e agarimo, e continuamos avivando as nosas enerxías para volver moi pronto. ✊Seguimos xuntas!✊ 📹@bonillauscas 🎬 @esquie_ 🎵 Mounqup - chuvia XOSE LIZ cuarteto - O refaixo Ombligo - Aire