Alalá nº 42- José o Ghaitas, O Gaiteiro do Piñeiro - TVG
ALALÁ Nº 42: José o Ghaiteiro do Piñeiro EMISIÓN TVG: 13 de marzo de 2007 Despois dunha complicada operación na que perdeu un anaco de pulmón a Xosé véuselle o mundo enriba pensando que non volvería a tocar a gaita. Unha semana despóis só un milagre puido explicar como o corazón de Xosé, “O Ghaiteiro de Piñeiro” seguía bombeando notas e repenicados por cada esquina do Morrazo. Esta noite unha historia de superación persoal. Un manual sobre a filosofía do ser gaiteiro por riba da vida e da morte, escrito cos contos e a graza de Xosé, “O Ghaiteiro do Piñero” Xosé Fernández viviu toda a vida no seu querido barrio do Piñeiro, en Aldán. Alí é o gaiteiro oficial e imprescindible en cada celebración e iso non se consegue en dous días. Leva toda a vida tocando nos entroidos da súa vila con centos de gaiteiros, de aí que fora acumulando na memoria máis de 200 pezas. Con tanta sabedoría ten repertorio para tocar nos entroidos, nas festas parroquiais, nas foliadas, nas procesións… ata nas inauguracións das rúas o recordan tocando os veciños!! Gaiteiro multiusos e infatigable. Dende o domingo de entroido ata o mércores de cinza o equipo do Alalá puido comprobar que durmiu 7 horas!! E é que a Xosé, “O Ghaiteiro do Piñeiro”, antes cos dentes xa lle naceran as ganas de ser ghaiteiro.

Alalá nº 157 "Manolo Solla -O Gaiteiro de Vilariño-" - TVG

Alalá nº 51 Musicas completas de "Os Rosales" - TVG

Caravan of Golden Songs 🌄 Relaxing Mariachi Guitar and Vintage Fiesta Vibes

Mexican Mariachi Trumpet Music | Guitar & Accordion Instrumentals 2H

Alalá nº 218 "Carboeiro" - TVG

Homaxe a Kepa Junkera - 125 Aniversário Centro Galego de Bizkaia em Barakaldo.

Recopilatorio Tenderete, taifas y parrandas VOL 25

Mucha e Nucha: Pon protección!

Concerto de The Chieftains en Ortigueira 2014 con Phil Cunninghan, Milladoiro e a Escola de Gaitas

Alalá nº 125 "O Gaiteiro Tradicional" - TVG

Beautiful Relaxing Music - Stop Overthinking, Stress Relief Music, Sleep Music, Calming Music #242

Alalá nº 60 Músicas Completas de "José Marentes" - TVG

Bolero en la Madrugada – Voces del Alma en La Habana

Aurea en Luar TVG

WOMAD 2016 - Cuncordu e Tenore de Orosei - 'WOMAD at Home' July 2020

LAS GRANDES NOCHES DEL MARIACHI | MARIACHI LAS BELLAS

Asociacion de Gaiteiros Galegos - no Programa Alalá (2013)

Alalá nº 150 "Teresa dos Cucos" - TVG

Letras Galegas Movendo o Barquín

