Ses - Tempestades de sal - Directo - Revenidas 2022 - Vilaxoán de Arousa

Letra: Nesta terra que fai testamento​ Que acolle os lamentos e anima a olvidar​ Infectada de sangue usureiro​ Caciques modernos, mecenas do mal​ Vivo dentro dun monte de área​ Tinguido de brea que non limpa o mar, ​ Coa esperanza de tomar alento​ Para ver o momento de nos libertar​ ​Mais aínda seguimos aquí​ A aturar tempestades de sal, ​ Resistindo a violência de mans​ Desas serpes e cans que nos queren calar. ​ Compañeiras nos soños do Edén, ​ Unha illa no medio do mar, ​ Que iluminan o loito máis negro, ​ Que esquece o desterro e o medo a loitar. ​ Cando as marcas se gravan a ferro E a dor e a xenreira non deixan sorrir As penurias van alén da fame Falta a identidade que axuda a vivir Só se calma o ruído da raiba Coa forza que queima na gorxa ao berrar Queremos curar a fendedura Olvidar a tristura e voltar comezar ​Mais aínda seguimos aquí​ A aturar tempestades de sal, ​ Resistindo a violência de mans​ Desas serpes e cans que nos queren calar. ​ Compañeiras nos soños do Edén, ​ Unha illa no medio do mar, ​ Que iluminan o loito máis negro, ​ Que esquece o desterro e o medo a loitar. ​ Nesta terra que fai testamento​ Que acolle os lamentos e anima a olvidar​ Infectada de sangue usureiro​ Caciques modernos, mecenas do mal​ Vivo dentro dun monte de área​ Tinguido de brea que non limpa o mar, ​ Coa esperanza de tomar alento​ Para ver o momento de nos libertar​ ​Mais aínda seguimos aquí​ A aturar tempestades de sal, ​ Resistindo a violência de mans​ Desas serpes e cans que nos queren calar. ​ Compañeiras nos soños do Edén, ​ Unha illa no medio do mar, ​ Que iluminan o loito máis negro, ​ Que esquece o desterro e o medo a loitar. ​ ​Mais, mais, mais aínda seguimos aquí​ A aturar tempestades de sal, ​ Resistindo a violência de mans​ Desas serpes e cans que nos queren calar. ​ Compañeiras nos soños do Edén, ​ Unha illa no medio do mar, ​ Que iluminan o loito máis negro, ​ Que esquece o desterro e o medo a loitar. ​