Hildegard Westerkamp - Kits Beach Soundwalk (Subt galego)
"Kits Beach Soundwalk" (Hildegard Westerkamp, 1989). Composta por Hildegard Westerkamp. Tradución: Berio Molina Kits Beach Soundwalk é unha composición do ano 1989. Cando xa había tempo que Westerkamp non formaba parte do célebre grupo de investigación World Soundscape Project e no tempo no que comezaba a difundir ampliamente as súas ideas sobre a paisaxe sonora. Recentemente redescubrín a peza lendo a entrevista que Cathy Lane lle fixo para o libro In the Field: The art of field recording. Cathy relataba que non sabía cantas veces lles puxera esta composición aos seus alumnos. Para ela era unha peza que explicaba moitas cousas con tan só oíla. En escasos nove minutos. Moitos segredos. Igual sobre o propio oficio de facer gravacións. Igual sobre moitas outras cousas. Nos anos 70 Westerkamp tiña un programa radio nunha emisora cooperativa de Vancouver. Chamábase Soundwalkings e consistía en realizar paseos sonoros en directo. Collía un micro, daba un paseo, e a través das ondas da radio os oíntes escoitaban a paisaxe sonora que ela percorría. Onde tamén falaba. Chegou a desenvolver unha paisaxe sonora comentada, non empregando unha voz en off fóra de escena, senón dentro, interactuando, incluíndo ademais outras voces propias da paisaxe, que tamén falaban sobre si mesmas. De aí a importancia da linguaxe na súa paisaxe sonora, e de aí a importancia de saber que din as súas composicións. --- Ti tamén disfrutaches co traballo doutras/os. Aprendiches que dicía ese canto que tanto che presta. Así que agora subtitula o mundo con nós. Faite paxaro: [email protected]

Learning from Sound - with Hildegard Westerkamp

Hildegard Westerkamp - Cricket Voice

Elon rages in SpaceX bubble crash

☀️ LITHA Witch Music: Summer Solstice Meditation Instrumental Playlist. Songs for the Midsummer

Unbelievable Smart Worker & Hilarious Fails | Construction Compilation #7 #adamrose #smartworkers

The Mermaid (1904) Georges Méliès

DEEP SLEEP in 5 Minutes (NO ADS) • Melatonin Boost • Stress Release • Increase Deep Sleep #01

Listen (escucha) Murray Schafer

Hildegard Westerkamp - Kits Beach Soundwalk (1989)

No Celebrity Has ZERO Filter Like Harrison Ford _ and It’s HILARIOUS!

Hans Zimmer - Interstellar (Space Sounds)

Hildegard WESTERKAMP_PRESENCES électronique 2016

Exploradores Sonoros | Hildegard Westerkamp | Ars Sonorus

Powerful Chakra Healing Sounds | Remove Stress & Negative Energy | Stop Overthinking

Psychedelics as Medicine 2025 - The Voices Of Ancestors with a Musical Performance from Snow Raven

Tibetan Ritual Music

Listen to This Ancient Cork Oak for 30 Minutes | Deep Nervous System Reset

Music to lift your spirit | Piano Playlist

Moody Gardens Penguin Cam LIVE | Penguin Habitat Stream at the Aquarium in Galveston, Texas

