AS MEMORIAS DO MAR DE FOZ
As Memorias do Mar de Foz Duración: 33’ Formato: 16:9 Idioma: Galego Subtítulos: non DL: LU 103-2014 A Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo crea a campaña divulgativa MAR DE LUGO co obxectivo de divulgar a actividade dos nosos pescadores e mariscadores para dar a coñecer o sector pesqueiro de Lugo, as súas tradicións, os métodos de traballo e as artes de pesca máis empregadas, así como os peixes máis característicos da zona. O proxecto audiovisual as MEMORIAS do MAR de LUGO consiste na realización de seis documentais en formato DVD sobre os recordos e as vivenzas das xentes do mar de cada unha das seis confrarías de pescadores da provincia: Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Ciprián e O Vicedo. Cada documental fai un percorrido pola historia e a evolución de cada un dos nosos portos, destacando aqueles aspectos máis característicos: as fábricas de salazón e conservas, as carpinterías de ribeira, o tráfico de mercadorías e cabotaxe, a evolución das infraestruturas portuarias e das embarcacións pesqueiras, os naufraxios e outras anécdotas da vida das xentes do mar. Esta actuación encádrase dentro da campaña promocional MAR de LUGO da Federación Provincial de Confrarías co doble obxectivo de: divulgar a laboura diaria das confrarías de pescadores, entidades clave na organización e estrutura das comunidades mariñeiras exaltar a excelente calidade dos produtos do noso mar, sanos e nutritivos, variados e cunha óptima relación calidade-prezo, ademáis dunha frescura diaria tanto na pesca costeira artesanal como do marisqueo. Damos as grazas ás persoas e entidades que participaron e colaboraron na realización deste proxecto audiovisual. -- Edita: Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo Produción: Arracada Produccións Guión: Vicente R. Rivera Imaxes: Julio López García, Marián García Mesa, David Monteagudo Lanza Montaxe: Marián García Mesa, Julio López García Post-produción: David Monteagudo Lanza Deseño Gráfico: Logaidea Comunicación Agradecementos: Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal (GAC1). Confrarías de Pescadores de Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Ciprián e O Vicedo. Dámo-las grazas ás persoas e entidades que participaron e colaboraron na realización deste proxecto audiovisual.

SAINT HELENA: How people live on the most isolated island in the world | 4K Travel Documentary

I Spent 30 Days Building a Hidden Stone & Log Shelter with a Fireplace: Solo Bushcraft

AS MEMORIAS DO MAR DE BURELA

Arte en el mar en Bueu

START YOUR TUESDAY WITH FAITH | TODAY GOD IS GIVING YOU UNEXPECTED OPPORTUNITIES | FATHER FREDDY ...

🏖 Qué ver en Foz en verano 2026: playas, historia y rincones con alma 🏖

ONDARROA- BIZKAIA: ARRANTZALEAK 1991-1992

AS MEMORIAS DO MAR DE SAN CIPRIAN

Foz 1948

Temporal no Mar ( A Mariña )

DESEMBARCO - XII Festa Normanda (2024)

Fishing for Sea Bream with José Vilar Varela DOCUMENTARY

Trump Gets Booed & Falls Asleep During NBA Finals, Claims War is Almost Over & Goodbye Spencer Pratt

La Joya del Cantábrico (documental completo 2/3)

HOMILÍA DE HOY | DIOS AYÚDAME A CONFIAR AUNQUE NO ENTIENDA NADA | PADRE FREDDY BUSTAMANTE

🛑 GUÍA DE VIAJE por FOZ Lugo‼️PLAYAS y TERRACITAS‼️ Qué Ver y Hacer 🍿 Área de AUTOCARAVANAS 💃🕺

Presentación documental "Pescadores de Carboneras"

Vídeo de Introducción a "Ao Son do Mar"

Selkirk, trashumantes del Pacífico HD

