Foliada de Negreira - Alana (Videoclip Oficial)

Este é o primeiro tema do grupo, baseado na canción co mesmo nome, do repertorio de Cántigas da Terra. O videoclip é unha idea orixinal de Jorge López, interpretado por Laura Estelo e Aira Portos e producido polos integrantes do grupo Alana. Agradecementos ó pobo de Muros e as súas veciñas por acollernos, especialmente a Carmen, Kika e Lolis, a María Jesús da Churrera por deixarnos a súa casa. A producción musical está feita por ew, a edición e mestura por Eloy Vidal e os mastering por Manuel Dourado. Letra: Lanchiña que vas en vela lanchiña que vas en vela levas chaquetas e panos para a miña Manuela Viva quen saber querer viva quen sabe querer viva quen no mundo pasa penas por unha muller Penedos de Pasarela Penedos de Pasarela cando vos vexo Penedos suspiro de amor por ela Dende Lira vexo Noia Dende Lira vexo Noia vexo o Monte de Miñarzo vexo unha Nosa Señora Esperamos que lle deades moito cariño 💖