Non hai fronteiras para o galego | Olaia Maneiro (Tanxugueiras) | LGx15
Intervención de Olaia Maneiro (Tanxugueiras) no LGx15 de 2022 --- Partindo do legado das pandereteiras, as mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, Tanxugueiras reinterpretan os sons da tradición fusionándoos con outros ritmos para entregarllos ao mundo con orgullo polo propio. E nese orgullo ten un valor primordial o noso idioma, o vehículo para transmitir de onde vimos e o que somos e procuramos como artistas. --- Olaia Maneiro xunto con Sabela Maneiro e Aida Tarrío son Tanxugueiras (https://tanxugueiras.com/), tres cantareiras para unha nova década. Só elas son capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica. A súa enerxía, o seu apoderamento, a súa contundencia e o seu virtuosismo vocal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como trad. O trío recolle o legado das pandeireteiras, as mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, para revisionalo e lanzarllo de novo ao mundo nunha explosión de modernidade, contando cun estilo épico e unha forza ancestral que xa as fixo triunfar en escenarios de varios países. Co seu primeiro álbum homónimo, publicado en 2018, o trío inicia unha traxectoria que as leva a visitar, en só tres anos, máis de 100 escenarios de todo o planeta acompañadas polas súas pandeiretas. No 2019 chega Contrapunto, un disco que incrementa as revolucións da música galega coa reinterpretación de coplas tradicionais, ateigadas de arranxos e harmonías diversas. Xa no 2021, Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro comezan a explorar con curiosidade coa colaboración do produtor Iago Pico a fusión da tradición e a potencialidade das súas voces con sonoridades urbanas e modernas, ata converterse no que son hoxe en día: unha das propostas máis innovadoras, auténticas e sorprendentes do país. Aválanas éxitos como ‘Midas’, ‘Figa’, ‘Averno’ (colaboración con Rayden) ou ‘Terra’ (con máis de 11.000.000 escoitas nas plataformas dixitais a finais de xaneiro), tema co que se alzaron como as favoritas do público no Benidorm Fest, competindo por ir a Eurovisión con artistas como Rigoberta Bandini, Chanel, Varry Brava ou Javiera Mena. Todo forma parte do seu novo disco, Diluvio, que veu a luz neste 2022 e co que presentan un potentísimo show. Nel mostrarase a nova sonoridade creada pola banda. Son o son dun pobo internacionalizado. Son a cultura tradicional na pista de baile. Son todos os mundos nun só. Porque para Tanxugueiras “non hai fronteiras”. --- #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Sala Capitol | Santiago de Compostela | 27 de outubro de 2022 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal

Tanxugueiras - Full Performance (Live on KEXP)

Onde cabe unha lingua caben dúas | Sole Felloza | LGx15

#1 Tanxugueiras (Grupo de música): «Os idiomas están para sumar. Todo é exportable»

Tanxugueiras sendo Tanxugueiras

MORNING PRAYER | Surrender Your Family to God with Faith and Walk this Day in His Peace and Prote...

Tanxugueiras: Miña nena, O querer, Perfidia, Que non mo neguen e Retrouso con Carlos Blanco

Vitamina G, activa a túa lingua! | Mariña Lema | LGx15

HARUNA Chatani meets XABIER DÍAZ | LAND ROBER

O ÁLBUM PERDIDO: Top 10 Fados de Ouro (Lisboa Anos 50) – Relíquias da Saudade

Sabiduría Estoica Para Silenciar La Mente Y Dormir Profundamente | Estoicismo para Dormir

O asombroso caso das Tanxugueiras

TANXUGUEIRAS. Novo disco. Contrapunto.

Tanxugueiras: "Sabíamos que probablemente podríamos vivir de esto" | Elle España

Musica para trabajar activo y alegre - Música Alegre para en Tiendas, Cafés | Deep House Mix 2026

Ao Son de Aida Tarrío #aoSDNM

El último reto al que se han enfrentado las Tanxugueiras - Zapeando

Onde está o teito da música en galego? | Rodri Míguez | LGx15

Tanxugueiras - Los Conciertos de Radio 3 (2022/Completo)

Vivir Aquí - Tanxugueiras, o soño dun pobo

