Lus de Torreiro - O Dote

Imos de novo cara ao Courel e traemos de volta un momento especial dos moitos vividos na Casa da Manuela. Foi que nos atopamos alá con Xavier Blanco e non puidemos menos que botarlle unha das míticas pezas do seu repertorio. Neste caso “O Dote”, gravado por el no ano 2006 no disco “As gaitas troncais”. Un luxo contar con Xavier e moi agradecidos por deixarse liar…