DEPORTIVO DE A CORUÑA. QUE SE ESCOITE RIAZOR!

UNHA NOVA CANCIÓN PARA O DÉPOR. QUE SE ESCOITE RIAZOR! #dépor #forzadepor #deportivo #rcdeportivo #depor Na Terra onde se pon o sol despois de bicar ao mar o vento canta un arrolo e a noite un alalá Alí é onde te vou ver onde os soños están vivos Ali é onde eu son feliz cando estou co Deportivo desde A Coruña ata o mundo que se escoite Riazor! a forza do Deportivo agroma da sua afección Unha paixón sen igual herdada de pais a fillos Historia en branco e azul orgullo dos herculinos Na ledicia das vitorias ou nas penurias do lodo camiñamos xunto a ti somos ti, e ti es todo Hércules na súa Torre lanza un raio milenario e a nosa voz fai o trono que retumba en todo o estadio desde A Coruña ata o mundo que se escoite Riazor! a forza do Deportivo agroma da sua afección Non o trato de entender O Depor hai que vivilo O sentir branco e azul Ata a morte vai comigo desde A Coruña ata o mundo que se escoite Riazor! a forza do Deportivo agroma da sua afección Unha paixón sen igual herdada de pais a fillos Historia en branco e azul orgullo dos herculinos