Sanín Percusión Tradicional (Santiago de Compostela) - Artesanía de Galicia

Xosé Manuel Sanín, do obradoiro ‪@saninpercusion‬ Sanín Percusión tradicional (Santiago de Compostela), leva 35 anos creando instrumentos tradicionais de percusión e sobre todo pandeiretas, dende as máis tradicionais ata as pandeiretas personalizadas con cores, textos e ilustracións. Sanín é o presidente da Asociación Galega de Artesáns e tamén un dos artesáns protagonistas do noso proxecto Artesanía na Escola, dirixido a achegarlle os nosos oficios tradicionais aos rapaces e rapazas de colexios de toda Galicia. #artesaniadegalicia