Coñece a candidata a presidenta da Xunta do BNG: Ana Pontón

Ana Pontón é a candidata polo BNG á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións do vindeiro 18 de febreiro. Neste vídeo explica as medidas principais do seu partido se consegue a confianza dos galegos para gobernar o país, poñendo énfase nas necesidades da provincia de Lugo.