Descubrindo As Nogais con David Vilares e Guido Guía na TVG
Hoxe saímos no Hora Galega da Televisión de Galicia! 📺 Unha viaxe ás Nogais co querido amigo David Vilares, co que quixen compartir algúns dos meus recunchos favoritos dun lugar ao que lle teño un cariño inmenso. Visitamos a Panadería Ricardo 🥖🍞 onde se fan unhas das empanadas 🥟 máis ricas do planeta 🌏, o Hotel-Restaurante 🏡🍽 O Muíño, lugar onde en febreiro durmimos durante a nosa peregrinaxe 👣 pola Via Künig., con vistas ao precioso río Navia 😍... e por último a Torre de Doncos, reliquia medieval que vixía a comarca e este ancestral Camiño de Santiago ❤️ Grazas a todos e a todas por esta experiencia formidable, incluídas as persoas do grupo que nos acompañaron dende #Lugo! ✨
