Sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial para o día 26 de xuño de 2026

A orde do día da sesión será a seguinte: I. PARTE RESOLUTIVA (artigo 4 a) do Regulamento orgánico provincial) 1. 2026/6A/PLENO PRESIDENCIA Aprobación da acta da sesión anterior, correspondente á ordinaria do día 29 de maio de 2026. 2. 2026/10279J PRESIDENCIA Cambio de data da sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial correspondente ao mes de xullo de 2026. 3. 2026/8460D PRESIDENCIA Reversión do dereito real de uso da finca "O Caudillo" (Centro de Educación Ambiental e Albergue "As Corcerizas") a favor do Concello de Vilar de Barrio. 4. 2026/10227F PRESIDENCIA Aprobación do expediente número 6/2026 de modificación das bases de execución do orzamento vixente da Deputación Provincial de Ourense. 5. 2026/271V PRESIDENCIA Recoñecemento extraxudicial de créditos 2026. 6. 2026/6751W PRESIDENCIA Aprobación da Conta Xeral da Deputación Provincial de Ourense, do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, do Consorcio Provincial do Servizo Contra Incendios e Salvamento e do Consorcio de Augas de Valdeorras correspondente ao exercicio 2025. 7. 2024/10252V PRESIDENCIA Aprobación da addenda de prórroga ao convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e o Concello da Gudiña para o financiamento e execución das obras de "construción fogar residencial". 8. 2024/10255C PRESIDENCIA Aprobación da addenda de prórroga ao convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Laza para o financiamento e execución das obras de "construción dunha residencia de maiores". 9. 2024/10256K PRESIDENCIA Aprobación da addenda de prórroga ao Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Piñor para o financiamento e execución das obras de "construción residencia de maiores e coordinación e dirección de obra" 10. ASUNTOS DE URXENCIA II. PARTE DE CONTROL (artigo 4 a) do Regulamento orgánico provincial) 11. 2026/10062A PRESIDENCIA Moción do Grupo Popular para o impulso das infraestruturas estratéxicas e da captación de investimentos para o desenvolvemento industrial da provincia de Ourense. 12. 2026/10282Q PRESIDENCIA Moción do Grupo Socialista para a adaptación dos servizos de transporte público por estrada á oferta ferroviaria vixente na Estación A Gudiña – Porta de Galicia. 13. 2026/10302J PRESIDENCIA Moción do Grupo Socialista para a execución dos tramos pendentes da ronda leste A-52/A-76 e un acceso viario real e efectivo ao Polígono Industrial de San Cibrao. 14. 2026/10287K PRESIDENCIA Moción do Grupo Provincial do BNG sobre o papel da provincia de Ourense como xeradora de enerxía eléctrica, a falta de industria e a necesidade de reverter a recadación hidroeléctrica nos concellos afectados. 15. COMUNICACIÓNS DA PRESIDENCIA. Dación de conta da relación de decretos do mes de maio de 2026. Plan anual de control financiero do ano 2026. 16. ROGOS E PREGUNTAS. Así o dispón e o asina o Sr. presidente, en Ourense, na data que consta na sinatura electrónica desde documento. Dou fe.