GUADI GALEGO - MATRIARCAS
Primeiro video clip extraído do novo disco de GUADI GALEGO "LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO", á venda o 25 de novembro de 2014. Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta "Lúas de outubro e agosto" o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que se publicou en 2009. A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto. Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tambien máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada. "Lúas de outubro e agosto" contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida vai sorprender. "Lúas de Outubro e agosto" gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, o mago que soubo entender a Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes. "Lúas de Outubro e Agosto" preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.

TANXUGUEIRAS - Que non mo neguen (videoclip)

GUADI GALEGO - LOS CONCIERTOS DE RADIO 3

THIS Is What Happens When You Attack a US Aircraft Carrier

Himno Galego | Festival de Ortigueira 2025 | Escola de Gaitas | @servandoamable |

Madrugada en La Habana – Bolero para el Alma

Guadi Galego - Velutinas

Azúcar y Café

La policía se burló de ella, creyendo que era una persona común ¿qué pasó después? | hora de cuentos

Hugo Guezeta - Equilibrar ft Guadi Galego

SÉS - CONCERTO A CORUÑA - 05/08/2020

Guadi Galego - CEDEIRA (Late Motiv 128 T17/18)

Guadi Galego - Zocos

Bolero en la Madrugada – Entre Sombras de La Habana

Sés - Tempestades de sal (Eirado)

15 Audiciones Que Obligaron A TODOS A GIRAR | La Voz

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - O baile de Noró

Madrugada en La Habana – Café y Bolero

NAO - Cultura Crítica (Feat Tanxugueiras & SonDaRúa)

