Quen mandou construír a Catedral?

#ACulturaÉUndereito #FalemosDoReinoDeGaicia #galiza #ReinodeGalicia #Suevos #Irmandiños #xacobeo21_22 #Historiagalicia #youtubeiras #youtubeiros O Século XII vai ser chave na historia de Galiza. É un período de expansión económica e grande dinamismo político, e talvez aí poidamos situar a plenitude do feudalismo. Neste momento, Xelmírez mandou escribir unha obra que hoxe é excepcional para coñecer o medievo galego: a Historia Compostelá. A importancia da súa figura e a riqueza desta obra, parecen eclipsar ás veces outros aspectos á marxe da súa acción política. Que sucedía en Galiza, ademais das accións de Xelmírez? ---- Producido pola cooperativa audiovisual Suseia para coñecer máis producións similares visita a súa web http://suseia.gal ou @suseia.coop ---- Proxecto seleccionado pola Area de Cultura da Deputación de A Coruña para formar parte do seu "Fondo Cultural do Reino de Galicia". Recomendamos seguir a súa canle    / @culturadeputaciondacoruna5637   ou o perfil @DACCultura nas redes sociais. ________________________________________________________________________________________________ Agradecementos: A Carlos Lixó, por amosarnos a Galiza con perspectiva histórica e cun sorriso sempre na cara. A Xosé Miguel Andrade, Mariña Bermúdez, Anselmo López Carreira, Miguel Garcia-Fernández, Manuel Gago e Carlos Barros por sumarse á aventura cando esto era tan só unha idea nun par de folios. A Universidade de Santiago e o Museo do Pobo Galego por abrirnos as portas dos seus cláustros. A Fundación Catedral de Santiago que nos abriron todas e cada unha das portas precisas para ambientar esta aventura. O Museo Arqueolóxico de Dume. A Catedral de Mondoñedo e en especial ó noso guía na visita, Don Pedro. Ó Concello de Celanova e Pontedeume. A todos vós, que nos axudáchedes na súa difusión.