Galegos no mundo - Programa 80: Xenebra
Emitido na TVG o 7/10/14. O programa “Galegos do Mundo”, que a partir desta semana asenta o seu día de emisión nos martes, viaxa esta noite a Xenebra, a capital do cantón do mesmo nome en Suíza e a segunda cidade máis poboada do país despois de Zúric. Sede de máis de 250 organizacións non gobernamentais, é chamada a “capital da paz” e en 2009 foi nomeada a terceira cidade con maior calidade de vida do mundo, pero tamén é das dez máis caras. En Xenebra, o espazo da TVG coñecerá o compostelán Xabier Cid, que, tras rematar o seu doutoramento, conseguiu unha praza como investigador no prestixioso CERN. Ano e medio despois, acompaña o equipo de “Galegos no Mundo” á zona vella, onde os espectadores poderán gozar coas vistas desde a catedral de San Pedro. Con Andrés Muíño, que deixou Santa Comba aos 15 anos para buscar un traballo e acabou sendo o propietario dunha empresa de servizos, o programa descubrirá a altísima fonte de Lago Lemán e paseará por Quai Gustave; mentres que María Pulleiro, que fixo as maletas con 16 anos, amosará o mercado Plainpalais e proporá facer unha excursión en barco polo lago. “Galegos no Mundo” tamén estará co cariñés José Manuel Cal, que chegou á cidade hai 25 anos e que agora traballa como supervisor no aeroporto internacional de Xenebra; e con Roberto Nieto, que chegou hai un ano en busca dun futuro mellor e que fará de “cicerone” pola praza das Nacións e polo barrio de Carouge.

Galegos no mundo - Programa 79: Os Ánxeles

Portugal e Espanha nunca foram um só país. Porquê? | E o Resto É História

Jordi Graupera - FORA RENFE

Mr Bean's Morning Routine | Mr Bean Live Action | Full Episodes | Mr Bean

50 Geography Facts You Never Knew About Hungary

THE JOURNEY OF PELÉ’S LAST WORLD CUP! ALL BRAZIL MATCHES AT THE 1970 WORLD CUP

Parabéns Herman José e Amália Rodrigues 1994( Corrigido)

Galegos no mundo. Programa 91: "San Francisco"

Ettore Majorana: il genio della Fisica svanito nel nulla

Humberto Delgado

Press conference by Alice Weidel and Tino Chrupalla! - AfD parliamentary group in the Bundestag

🌊 ELENA MARTÍNEZ, a OCEANÓGRAFA galega que apareceu en FORBES | LAND ROBER

Scientists Reveal Shocking Genetic Origin of Finnish DNA

Trump Attends NBA Finals, Cries Election Fraud in California & Storms Out of Interview

100 anos do 28 de Maio: o que havia antes do golpe | E o Resto é História

The Azores Islands: Europe's Secret Volcanic Eden | 4K Travel Documentary

Totò cerca pace (1954) | Totò, Ave Ninchi | Commedia Cult | Film Completo 4K

04 de Junio - Corpus Christi: El Sacerdote que Dudó y el Paño que Cambió el Calendario del Mundo

KHARLAMOV'S INJURY AND RAGULIN'S FIGHT WITH ESPOSITO | Summit Series '72 | USSR vs. Canada | Game 6

