Alalá nº 127 "Manca na cheda" - TVG

Alalá nº 127 "Manca na cheda" - TVG Data de emisión en Televisión de Galicia: 08/12/2009 LUGAR: MONDOÑEDO Visita a nosa canle: http://alala.crtvg.es O programa Alalá está hoxe nun lugar no que se sinte a historia, as terras de Mondoñedo foron escenario de vidas de grandes personaxes como o Mariscal Pardo de Cela que foi decapitado por traición; coma a do escritor Alvaro Cunqueiro ou a de Pascual Veiga, compositor do himno galego e unha das grandes figuras da nosa música. Esta noite imos falar dunha historia mais cercana no tempo, a dunha charanga: Manca na Cheda. Os seus protagonistas son nove homes que adoran a música e están encantados coa charanga que formaron hai uns anos. Nesta agrupación algúns músicos xa pasan dos setenta anos e outros andan polos trinta. A súa traxectoria musical é do mais variopinta: os mais veteranos pasaron a súa vida tocando en orquestras, outros en cuartetos tradicionais e outros en distintos grupos musicais. No que respecta á súa vida, algúns aferraronse a esta terra, outros emigraron e algún é andaluz e criouse en Marrocos; alí aprendeu a tocar os “palitos”, algo parecido as tarrañolas. Como todos están namorados da música, ademais da charanga, unha boa parte deles andan en orquestras, cuartetos, banda ou orfeón. Os compoñentes de Manca na Cheda non imaxinaron que esta afección chegara tan lonxe e lles dera a todo tantas recompensas. A súa pretensión é sinxela: que a xente cante, baile e se divirta e eles tamén. Ademais dos ensaios e das actuacións, reúnense moitas veces nun lugar sagrado para eles: A taberna do Valeco. Aquí van a relaxarse, a falar das súas cousas, a tomar un viño e a tocar para quen estea alí. Manca na Cheda é un dito popular que significa “de lo bueno lo mejor” e aquí están eles para que a partir desta formación e as que xurdan dela contribúan a que a música en Mondoñedo siga viva para sempre.