PASODOBLE DOS TROMPAS de Ramón Soto

Ramón Soto, ou Mon Abóbrica ou Mon a Seneira é un amigo e grande Gaiteiro da Vila de Baiona. Este pasodoble é composición del e adicoulla a Manolo, Silvano e Nando, "os trompas de Baiona". Para interpretala fago as tres primeiras partes tal como el mas pasou en Do menor, pero como el mesmo me permitiu facer tomeime a confianza de repetila en Do maior, pois deste xeito resulta unha peza moi asequible para todo gaiteiro e a vez moi festeira. Xa logo que cada quen interprete como poida e queira. Para min agás de ser unha fonra tremenda que os amigos me pasen estas cousiñas eche unha ledicia e como podemos observar, toda unha festa. Acompáñome de frauta en Do Jachía, pandeiro de man, cunchas, tambor e bombo con pratos e na segunda volta acompáñome tamén de gaita a duo. Graza Mon por este agasallo. Agora queda aprendela e tocala polas festas. Veñaaaaaa