Muiñeira vella de Cerqueda (Malpica de Bergantiños) - Arume de Callón.
A muiñeira vella tamén chamada ribeirana é a modalidade máis antiga que se coñece de muiñeira. • Arume de Caión 20 - 07 - 24 A muiñeira vella sobreviviu até os nosos días e foi recollida na franxa costeira noroccidental galega maioritariamente nos concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Laxe, Zas e Malpica. O acompañamento musical da muiñeira vella faise sempre con canto e pandeireta que se toca co puño, motivo polo cal tamén se coñece como muiñeira empuñada, a danza é limitada a dúas ou tres parellas con pequenas variantes segundo a xeografía, os homes van sacar puntos por quendas, estirados, danzando entre si, mentres que as mulleres debuxan rodas con forma de oito, dando pequenos pasos o ritmo. A muiñeira vella era danzada principalmente nos casamentos, onde o biscoito o molete que se chama regueifa, que as mulleres levan na cabeza, era repartido ao final da danza entre os convidados ao casorio, símbolo de ventura e boa fortuna para os acabados de casar. A ribeirana de Cerqueda, foi recollida no lugar das Pozacas. Arume de Callón é unha Asociación Cultural que xoga un papel importante na preservación e promoción das tradicións galegas na parroquia de Callón, no concello de A Laracha, en Galicia. Fundada en 2007, esta entidade ten como obxectivo manter vivas as raíces culturais da zona. A asociación tamén imparte clases para aqueles que desexan aprender e participar activamente nas tradicións galegas. Desde baile ata música, a súa oferta é variada e enriquecedora. Arume de Callón é unha fogueira cultural que ilumina a tradición e a identidade da parroquia de Callón, mantendo viva a esencia da Galiza. En Cerqueda si que hai homes tamén alá na Ribeira hainos de media polaina hainos de polaina enteira hainos de media polaina hainos de polaina enteira Elelé, elelé elelele elelé Elelé, elelé elelelelele elelelelelá Viva Malpica, Malpica con sus torres e campanas viva a sal e el salero que gastan as malpicanas viva a sal e el salero que gastan as malpicanas Elelé, elelé elelele elelé Elelé, elelé elelelelele elelelelelá Por bailar a muiñeira por bailar a ribeirana por bailar a muiñeira botei un ano na cama por bailar a muiñeira botei un ano na cama Elelé, elelé elelele elelé Elelé, elelé elelelelele elelelelelá Sei tocar a pandeireta con man e mais co puño non me cases miña nai cos oleiriños de Buño non me cases miña nai cos oleiriños de Buño Elelé, elelé elelele elelé Elelé, elelé elelelelele elelelelelá Velo aí vai o remate velo aí vai o remate non é por cousa ningunha é para descansar a man-e non é por cousa ningunha é para descansar a man-e Elelé, elelé elelele elelé Elelé, elelé elelelelele elelelelelá Elelé, elelé elelele elelé Elelé, elelé elelelelele elelelelelá

Belén Mato - Muiñeira repunteada de Cerqueda (Malpica de Bergantiños)

O FIADEIRO : Ribeirana e Xota de Malpica

Maneo e muiñeira de Cambre (Malpica de Bergantiños) - Fransy González e Davide Salvado.

Muiñeira na Porta de Brandenburgo (Berlín) - Rebulir

THIS Is What Happens When You Attack a US Aircraft Carrier

Introducción al toque de pandero cuadrado de Peñaparda · Encontros Med 2020 · Isabel Martín

Paso dobre, muiñeira, maneo e muiñeira corrida de Imende (Carballo) - Arume de Callón.

Arredores ''Muiñeira Vella''

Pandeireteiras de Anxeriz - Especial festa popular

PAN.SEN.FRON - Muiñeira Vella

Liñares - Alana (Videoclip Oficial)

Cana Verde e Vira de Olelas - Pandereiteiras de Ultreia

Muiñeira do Chao, no Chao de Pousadoiro

Galician folk dance: Maneo de San Breixo de Oza (Carballo) & Muiñeira vella de Vilar (Zas)

Muiñeira Vella ou Ribeirana de Limiñoa (Ponteceso) - Pandereteiras de Limiñoa

ARMADANZAS DE LARAÑO "Muiñeira Vella de Ponteceso"

TANXUGUEIRAS - Videoclip Xota de Bembibre

Alxibeira de Narón ''Muiñeira de Imende''

