XIPrisco: Un proxecto que logrou un 50% menos de fitosanitarios no cultivo de pataca na Limia

Falamos con distintos axentes implicados no proxecto "XIPrisco: Estratexia sustentable para a xestión integrada de enfermidades en cultivo de pataca". Este grupo opeativo ven de rematar e logrou importantes avances, como reducir ata nun 50% o número de aplicacións de fitosanitarios no cultivo do tubérculo na Limia ou os primeiros pasos para unha aplicación informática para predecir os ataques de mildio e alternaria.