A 'copa de Berlanga' con Jesús García Sánchez

Acaba de publicarse na prestixiosa revista Britannia o achado dunha peza excepcional en Berlanga de Duero (Soria): a bautizada como copa de Berlanga. Trátase dun vaso da escasa serie do muro de Hadriano, unha especie de souvenir dos militares destacados nos límites entre o Imperio Británico e Caledonia. Para Jesús García, un dos arqueólogos responsables do seu estudo, o vaso foi traído por un antigo membro da Cohors I Celtiberorum, unha das unidades que participaron na construción da formidable defensa británica e moi pouco despois fundaron o forte romano da Ciadella (Sobrado dos Monxes).