Rodeiro - Serra do Faro - 18/01/2020 - Roteiros Galegos
Descrición da ruta: https://tinyurl.com/y56yv3uc O concello de Rodeiro está situado no interior da provincia de Pontevedra. Entre Rodeiro e Chantada atópase unha das serras máis senlleiras de Galicia: a serra do Faro. Esta serra ten unha altitude máxima de 1182 m. Isto, xunto coa súa proximidade ao centro xeográfico de Galicia, fai que sexa considerado un dos mellores miradoiros do país. Ademais do seu interese paisaxístico destaca tamén polo seu interese natural e por iso a serra está incluída na Rede Natura 2000. A ruta comeza mesmo en Rodeiro e vai por camiños amplos pouco a pouco subindo cara a serra. Durante a subida pasa polos lugariños de Romaces e As Pobanzas. O ascenso é levadío ata chegar ao último quilómetro onde a pendente aumenta considerablemente. Dende o cumio podemos observar gran parte do noso territorio. Seguimos a ruta coincidindo durante dous quilómetros co Camiño de Inverno, que acada o alto da serra desde Chantada. Ao chegar á Fonte dos Meniños cruzamos novamente cara á vertente de Rodeiro e comezamos o descenso pasando mais adiante preto de Fafián e Trasulfe, moi coñecido polo seu impoñente pazo. Xusto antes de entrar na vila de Rodeiro veremos uns fermosos muíños no río. Salvo a pendente do último quilómetro da subida, a ruta non ten dificultades. Nalgúns puntos dos camiños podería haber lama. Lonxitude: 18 km Desnivel: medio Dificultade: media

Coñece Rodeiro 2019

COPING WITH CHANGE

Quen non quere ser millonario

The Lost Fried Chicken Recipe That Puts McDonald's To Shame -- وصفة دجاج مقلي تخجل ماكدونالدز

Rodeiro

263 DIOS TE DICE HOY: ESA ANGUSTIA QUE TE ROBA LA PAZ SERÁ CAMBIADA POR DESCANSO

ASMR Best Triggers For Sleep Collection (No Talking) 3 Hours of Tapping & Scratching

Relaxing Bird Sounds & Peaceful Piano Music 💚 Calm Your Nervous System

TV ART SLIDESHOW 24/7 | Vintage Floral Gallery 🌼4K Framed Art Screensaver for Living Room

DESPEDIDA 6 º2020 COLEXIO DOZÓN

Os Castros una fortificación enigmática en A Serra do Faro. 4K

GOD SAYS;- IT’S TIME I FINALLY TELL YOU THE TRUTH.. | GOD'S MESSAGE FOR YOU TODAY

DGPM 1126 LA RUTA DE LOS PAZOS Y LOS MOLINOS

2026 Relaxing Piano & Birdsong 🕊️ Calm Mind, Deep Sleep, Stress Relief & Peaceful Nature Ambience

Buying Goats From Farmers | 3-Wheeled Truck Packed Full for Village Market

Rodeiro 2

50 Geography Facts You Never Knew About Portugal

Instrumental Worship Guitar : Best Worship Song | Peaceful, Relaxing Instrumental Hymns on Guitar

I have never eaten such delicious zucchini! Nobody knows this recipe! Only 2 ingredients!

