Pilar García Negro - Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán, cen anos despois

Pilar García Negro, profesora honoraria da Universidade da Coruña, participa no ‘Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán, cen anos despois’ co relatorio “Unha ollada sobre a Galiza en tres discursos: Emilio Castelar, Gaspar Núñez de Arce e Emilia Pardo Bazán”. A Real Academia Galega, a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega reuniron as grandes voces expertas en Emilia Pardo Bazán no congreso do centenario do pasamento da escritora coruñesa, celebrado en Galicia do 25 ao 29 de outubro de 2021. As tres primeiras sesións tiveron lugar na sede da RAG e da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e as seguintes, no salón nobre de Fonseca e na sede do CCG.