Ensaio e Pateado de Sobrado dos Monxes - A Maristela 2025

Neste vídeo a agrupación A Maristela interpretan o Ensaio e o Pateado, pezas que se bailaban durante a celebración das festas patronais do Mosteiro de Sobrado dos Monxes. O seu nome fai referencia a que eran os monxes os que pagaban ao pobo por ensaialo, de ahí o nome de Ensaio. O Mosteiro estivo, entre os anos 1142 e 1834 baixo a orde do Císter, período durante o cal se bailaban estes bailes. No ano 1954 reconstruíuse o Mosteiro para dar paso ao que todos coñecemos hoxe, pero o baile seguiuse interpretando e foi aprendido polas novas xeracións do pobo ata que, anos máis adiante, caeu no olvido. Pero grazas á Asociación Cultural Galega Grupo Etnográfico das Mariñas, de Ferrol, que o recolleron, volve estar con nós e puidemos coñecer esta parte da vida dos nosos antepasados. Vídeo: José Fernandez Fotografía (Betanzos) na Gala do 25 Aniversario da Asociación A Maristela (Sobrado dos Monxes, 5/7/2025)