Ruta xeolóxica no río Sor.

Neste vídeo dos nosos alumnos de TIC de 4º de ESO temos a ocasión de acompañar a Francisco Canosa nunha ruta xeolóxica polo río Sor: cousas tan diferentes como 4600 millóns de anos de historia , volcáns ou a razón pola que algunhas prendas de roupa pesan moito, espérannos agochadas neste percorrido. Andrea Mondragón, Xiana Seijas e Kordi Schild son as presentadoras desta historia. Queredes acompañalas?    • Ruta geológica por el río Sor.      • Video