Festiverán 4°EP

O alumnado de 4º de Primaria deixounos coa boca aberta coa súa obra 'O cociñeiro Martiño'. Que gran traballo de interpretación, memoria e traballo en equipo! Ver como se meteron nos seus personaxes demostra todo o que aprenderon este curso. Grazas a todas as familias por acompañarnos e aplaudir este gran elenco. Sen dúbida, un dos momentos máis divertidos do noso Festiverán!