A árbore de Manolo - María Fumaça
Canción incluída no libro-disco "O veleiro verde", de María Fumaça (Editorial Galaxia, colección Sonárbore 2019) www.editorialgalaxia.gal/produto/o-veleiro-verde Letra: Alfonso Pato. Música: Chus Domínguez Dedicada á orixinal árbore de Nadal de Manolo, o avó de Ruí. Solistas: Blanqui e Tatán Video dirixido por Olih Conde (Oliconh) Stop Motion por Breogán Sousa e María Selgas Da árbore de Manolo penduran moitas cousas, cando chega o Nadal semella un tendal. Manolo, Manolo, colgou un cazarolo, un cacho de mangueira, unha regadeira, un penico furado que ten colgado ao lado, unha tixola vella, un cacho de tella. A árbore de Manolo! Nunca se viu cousa tal! Bota flor polo Nadal cando chove e neva no val. Das pólas cheas de orballo medran de noite agasallos, e se o abaneas cunha vara pasan cousas moi raras. Hai unha tixola que che fala e di "ola". Hai un cazarolo que che pide un arrolo. Hai unha cafeteira que come polbo á feira. Unha boneca tola que mexa Pepsicola. A árbore de Manolo! Nunca se viu cousa tal! Bota flor polo Nadal cando chove e neva no val. Da árbore de Manolo penduran moitas cousas, cando chega o Nadal semella un tendal. Manolo, Manolo, colgou un cazarolo, un cacho de mangueira, unha regadeira, un penico furado que ten colgado ao lado, unha tixola vella, un cacho de tella. A árbore de Manolo! Nunca se viu cousa tal! Bota flor polo Nadal cando chove e neva no val.

eu teño a alguen no meu corazon

"Brinca Vai!": No Samaín

LOS SOLISTAS DE LA ROMERIA SAN ISIDRO LABRADOR Y SANTA Mª DE LA CABEZA LAS MERCEDES 2026 GONZALO

PÄRBO (Begoña Riobó & Anxo Pintos). ENTRE ISOGLOSAS (Trad./Begoña Riobó)

A pita de Fita

Educación Infantil A Horta de Balbina

NERVOUS 12-Year-Old Who Can Sing Without Opening Her Mouth Earns Mel B's GOLDEN BUZZER!

Manola

Fillos do Estramonio - A noria de Abel Caballero

A Música das Baleas "A peor xogada"

Many People Don’t Know This Secret! Insert An Old Battery Into A Drill And See What Happens!

Eu teño alguén

ARXE - Costureiriña de Bembrive

O tempo meteorolóxico

Música de pacha mama. Reflexiones de la vida.

A toupiña

Avelaneiras Frolidash - LaMontagne & PicoAmperio

Rosalía

Gravación de "O veleiro verde" de María Fumaça

