"María a portuguesa" & "María Lisboa", dous fados cantados por Ana Kiro en galego

Estes dous fados: "María a portuguesa" e "María Lisboa" corresponden ao arquivo sonoro de Jesús Garabato Rodríguez. Son dúas gravacións orixinais dos anos 1990 e 1991, nas que Jesús Garabato e Francisco Estévez acompañaron á cantante galega Ana Kiro coas súas bandurras.